Bibliotecas especializadas e Centros de documentación
A Biblioteca de Galicia está a organizar unha nova xornada técnica baixo o título “Bibliotecas especializadas e Centros de documentación”. Este será o terceiro ano consecutivo no que a Biblioteca de Galicia pon en marcha este programa co obxectivo de mellorar a formación e dar a coñecer outras realidades bibliotecarias aos profesionais que traballan nas institucións da memoria galegas.