Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Urbtopías

Urbtopía quere ser un punto de encontro, debate e reflexión sobre o futuro dos espazos e sobre as cidades posibles. Nos diferentes encontros serán abordados diferentes temas: as transformacións urbanas e o seu impacto na calidade de vida, a cultura como motor para as cidades, os valores, as perspectivas de xénero aplicadas á transformación das urbes ou os casos prácticos, como o de Pontevedra. 

Galego

Fugas e interferencias

Organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, o obxectivo fundamental deste congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

Na súa terceira edición, o evento terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2018 na Casa das Campás (Pontevedra) e no CGAC (Santiago de Compostela). 

Galego

I Xornadas profesionais das librarías de Galicia

A Biblioteca de Galicia acolle a celebración das primeiras Xornadas profesionais das librarías de Galicia. O evento está estruturado nunha serie de charlas e conferencias, que abordan distintos aspectos do negocio. 

 

Programa

 

9:30-9:45 Acreditación

9:45-9:50  Apertura da Presidenta

9:50-10:45 Check-lists da túa libraría (LOPD, Medio ambiente, Factura da luz, …..). Sol Vázquez Abeal. Directora Xeral de Comercio e Consumo.

Galego

Poesía, a luz apagada?

A Asociación Galega de Editoras celebra o XV Simposio O libro e a lectura, desta volta, baixo o lema Poesía, a luz apagada? A edición deste ano terá lugar os días 15 e 16 novembro 2018, no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

O programa contará con dúas mesas redondas, dúas conferencias, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético.

Galego

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: In situ

O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográfico e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.

Galego

Londres cidade okupada: unha charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero

Dous anos antes da explosión punk, Richard Dudanski (Illa de Sheppey, 1952) tocaba con Joe Strummer en The 101'ers, un grupo xurdido das dilapidadas casas okupas do oeste de Londres. O seu libro de memorias, Londres Ciudad Okupada, é un relato das súas experiencias coas múltiples bandas con que tocou na escena alternativa da música no Londres dos 70 e 80, incluíndo Public Image Ltd, Basement 5, The Raincoats, Tesco Bombers e moitas outras formacións.

Galego

VIII Xornadas Romasanta

Oitava edición destas xornadas organizadas dende a Fundación Vicente Risco, arredor da figura —real e ficticia ou literaria— de Manuel Blanco Romasanta, alcumado "o lobishome de Allariz" ou "Sacahuntos".

12:30h - Presentación do libro Romasanta e as mulleres a cargo das autoras e autores participantes no volume: Antonio Manuel Fraga, escritor; Carlos Carvalheira, Carlos E. Silva, Fausta Cardoso Pereira, José Rosillo, Mariña Pérez Rei e Xesús Constela

Galego

Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro

Este congreso, promovido pola Deputación de Lugo e organizado polo Museo Provincial de Lugo e o Instituto de Estudos da Cidade de Lugo, reunirá a expertos internacionais na arqueoloxía do ouro. 

Neste congreso sobre o estudo do ouro e da ourivaría dende un punto de vista arqueolóxico, trataranse temas que teñen que ver coa paisaxe aurífera e circulación do ouro, tecnoloxía da ourivería antiga, o ouro e os sentidos e a ourivería antiga na sociedade actual.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso