Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Laboratorio máxico

Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fará que grandes e pequenos se sorprendan e rían con xogos de maxia cómica e a aparición do seu malhumorado paxaro, Rigoberto.

Mandarina é unha personaxe moi potente que une a ironía e a intelixencia do mago co despiste, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun cóctel realmente explosivo.

 

Galego

Contos da vía láctea

Entenderse non e doado cando ves doutro planeta, pero coa axuda do seu diccionario galáctico Alexia, a emigrante plutoniana accidentalmente aterrada en Galicia, descubrirá que a Vía láctea está intimamente relacionada cos tetos das vacas, que para observalas estrelas dende a terra o ideal e visitar o dentista e que tamén hai buracos negros nuns éstranos e sofisticados instrumentos: bioenerxéticos, artesanais, sostibles, reutilizables, ergonómicos e biodegradables chamados "Gaitas", que ademais... non se lles remata nunca a batería.

Galego

Trio Siboney

De orixe cubana, Tato, Geovani e Fidel formar este trío excepcional de música cubana que toca ritmos e melodías da súa terra natal coa mestría de que son un gran non é o seu estilo .

No repertorio incluen diferentes estilos de música latina , como bolero, cha cha cha, guajira e son cubano, entre outros .

Execución perfecta na interpretación da música e da mestura de voces perfectamente harmonizadas. Eles fan unha revisión de cancións intemporais e melodías que quedan na memoria de todos .

Galego

O ferreiro e o diaño

O ferreiro e o diaño  narra a longa vida dun ferreiro que un bo día recibe na súa ferraría a visita de Xesucristo e ao outro a de o Demo. Negociando con todopoderosos seres o astuto Miseria é quen de sacar tallada doble aunque súa astucia acaba por ser a súa perdición.

Galego

Barriga Verde contra o estragapandeiro

Barriga Verde vai polas feiras contando contos e facendo monicreques. Todo son risos e diversión ata que unha noite, o noso amigo Barriga Verde atopa os seus instrumentos musicais metidos dentro dun caldeiro listo para ferver. Quen será o tolo que fixo tal? Sabedes que vai facer Barriga Verde? Pois, investigar.

Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño.

Galego

Camiño de aventuras

Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta gran aventura que comezou hai cincocentos anos, máis ou menos, cando, nun lugar do  camiño, Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.

Tivo sorte cos dados o peregrino e gañou a partida ao do inferno, quen andivo por todo o Camiño facendo despropósitos e maleficios para detelo.

Galego

Os soños na gaiola

Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño