Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Trío de ases

Tres personaxes diferentes... con tres personalidades distintas... que coa axuda de todo o público, serán os encargados de facer pasar momentos moi: divertidos, intensos, aloucados, máxicos, extraordinarios, románticos, cómicos, misteriosos, sensibles, irrepetibles e sobre todo SORPRENDENTES!!! 

 

 

 

Galego

Lobo Bobo

Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
 
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias.

 

Galego

Fados

Gonçalo Guerreiro presenta un concerto de fados da súa cidade natal.

As cantigas lisboetas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal gañando unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto aos mais xóvenes como aos menos xóvenes. O espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa da nostalxia ao humor, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.
 

Galego

Picadillo circus

O espectáculo está enfocado para público familiar, cheo de ritmo, música e humor. As distintas disciplinas que se inclúen dentro do espectáculo son: zancudo, clown, mimo, maxia animada, monicreques, teatro na rúa, música ao vivo,...

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, novo circo e danza por concellos onde discorren as rutas xacobeas.

 

 

Galego

Animagicus

Animagicus é un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos orixinais e modernos, trucos clásicos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo... monicreques máxicos, máscaras engaioladas, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes,...

Galego

Contos da terriña

Pedro Brandariz Gómez

Contacontos lúdico e divertido confeccionado a partir de contos populares e tradicionais que provocarán
as gargalladas do público e de paso axuda á transmisión e conservación do rico patrimonio oral galego.
 
Contos de raposos, de meigas, de Pedro Chosco e doutras “criaturas galaicas”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño