Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A fotógrafa

Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.

Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.

Galego

Trasno

Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas máis completos e aclamados. Con máis de mil funcións nas súas costas e experiencias en escenarios de España, Portugal, Reino Unido, India, Rusia, Cuba, Arxentina, Francia, Bélxica e Brasil.

Show de rúa para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Mánicus

Espectáculo sobre o amor, ese curioso

sentimento ou obsesión que nos afecta a

todos, sobre todo ao noso protagonista. Os

paxaros cantan, as flores espertan, o sol luce

radiante... e Manicus fracasa.

Amor e odio, xenio e estupidez nuha mesma

persoa..Malabares cos recordos, baile de

suspiros, paixón descontrolada e poesía da

vida .A través da manipulación de obxectos,

do pallaso é do circo viviremos unha hora de

diversión asegurada para tódolos gustos e

públicos.

Galego

Guilermo Solo

“Guillermo Solo” está a piques de chegar a cima da súa vida profesional. En primicia mundial vai presentar o seu ecléctico espectáculo de malabares e clown no famoso Hotel Bellagio en Las Vegas, pero o destino desbarata a esperada estrea. A crise faise notar no Bellagio, que ten que facer recortes.

Galego

Festival de Circo Pistacatro

Festival de Circo Pistacatro é a posibilidade de realizar un verdadeiro festival circo nas vilas formado por  varios números e espectáculos circenses xuntos, ao modo dos grandes circos de sempre pero a pé de rúa, con ou sen escenario. 

Actividade para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos das rutas xacobeas onde se representa.

Galego

Cigani

Un xitano balcánico chegou á cidade. Chega sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non sabe comportarse, é un auténtico furacán na rúa. A xente rirá e chorará con él, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Galego

Bicirco

Un Circo que viaxa sobre tres rodas. Un Biciclo do século pasado transformado nun espectáculo ambulante. Un circo sustentable, que non emite gases nin polución, alternativo, funcional, autopropulsado e ben equilibrado.

Dimitri Cavalli é unha excéntrica personaxe, de múltiples personalidades. Ao longo do espectáculo, este mestre de cerimonias amósanos as súas incribles habilidades circenses con números de: Malabarismo, equilibrios imposibles, maxia mental, manipulación de sombreiros, exhibicións de forza e destreza ... moita destreza.

Galego

Peter Punk e o neno imperdible

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!

Galego

Peor imposible

Autor: Isaac Rodríguez Miranda

Dirección: Walter Velázquez

Chega o novo espectáculo de Peter Punk, logo de triunfar en Galicia, España e xiras polo Brasil, Italia, Palestina e Portugal.

Actuación dentro do programa de novo circo de Cultura no Camiño que leva todo tipo de espectáculos escénicos, de musica, maixa e danza polos concellos das diferentes rutas xacobeas.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos concellos onde se executa.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño