Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A historia da espiña de toxo

Pedro Brandariz  e Carmen Conde 
 
Neste espectáculo DINAMOteatro achega un versión libre de " Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela", obra de Manuel María. Fixemos unha adaptación da linguaxe e da trama para facela máis accesible ás cativas e cativos de hoxe en día.

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Esta actuación forma parte do programa Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Volta á maxia

Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar.

Galego

Historias de vida, guerra, amor e case morte

Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.

Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Dabopapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.
 
Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas desde a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

 

Galego

Retrincos de Castelao

Elenco artístico: Isabel Risco e Fran Rei

Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor galego a través dun texto de Diego Rey.

Retrincos de Castelao ofrécenos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.

Galego

Son galego, son cubano

O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi

premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable

concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou

contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou

e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario.

Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea

Galego

Pistactiva: combinado de circo galego

O elenco de compañías e artistas que forma parte do Pistactiva é o mais destacado do Novo Circo Galego: como é o caso de Circo Expreso, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Trasno, Fredi ou Peter Punk, entre outros.
O espectáculo PISTACTIVA está formado por un espectáculo dobre para todos os públicos, de 90 minutos de duración, que engloba un pase de clown - malabares e outro de novo circo (acrobacias e/ou aéreos) a cargo de dúas das compañías que figuran no elenco.

 

 

Galego

Gran gala de Circo: Ruactiva

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de Gala de Circo e Humor donde están presentes as mellores compañías do momento.

A Gala de Circo consta de varios elementos:
- Banda de Música ao Vivo.
- Compañía de Acrobacias aéreas: trapecio, corda, telas ...
- Compañía de clown ou maxia.
- Compañía de teatro de rúa e humor.
- Presentador/a

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías do teatro e circo galegos.
 

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño