Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Cirkote

CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

 

KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Galego

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Galego

Circo menudo… menudo circo

Un espectáculo concebido para lembrar estampas do CIRCO que a maioria da xente coñece de sempre pero buscando a participación e implicación do público. Mais de 75 minutos de duración, que independentemente da idade, manteñen o público espectante e participativo.

A mezcla de Humor, Maxia, sckets onde o espectador forma parte do elenco de participantes disfrutando e participando dos números que se presentan. 

Galego

Música Miúda en concerto

“Música Miúda” é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez. Neste proxecto mesturan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua. Veñen de publicar o seu primeiro libro-disco, "Cambia o conto" (Galaxia, 2022).

Galego

Contos para facer o indio

Soni Quete irrompe no auditorio sobre o seu monociclo salvaxe ata que desaparece e escoitase un estrondo debido o trompazo que leva. Isto fai saír a india L.A.S.I. (Lúa Anterior o Solsticio de Inverno) do seu tipi que o descubrir a público interfire con el interpretando uns cánticos guerreiros. Soni reaparece entre o público disparando ante tal ameaza, cunha orixinal escopeta (unha chapata de … PAN, PAN … PAAAAAAN).

Galego

Oh-Pera!

Un show de Circo contemporáneo, para todos os públicos

 

Mezcla de teatro, humor e circo,  onde o realismo síntese nas  técnicas de circo cun risco totalmente real, en canto a equilibrios , acrobacias e técnicas aéreas levadas a cabo dunha forma creativa, única e nunca vista.

Un show innovador, que achega ao público a unha dramaturgia onde os personaxes atravesan  situacións realmente divertidas, complexas e que lles leva a un remuiño de emocións que o público vivirá como súas 

 

Galego

Que anos aqueles…(Xan Veiga)

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

Galego

Atemporal

O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo ATemporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.

Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.

Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros.

Galego

Xira 30 aniversario

Os Carunchos nace a  finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño