Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O tranvía Leonardo

Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

Galego

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquesta de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu tríciclo. No encontro co público cóntalle a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido engarzando as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se foi topando polo camiño. Para a narración apoiarase en diferentes técnicas do teatro de rúa: a música, os títeres, os romances de cego, o limberjack e o Kamishibai.

Galego

O Galo Quirico e os seus amigos

 Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto O Galo Quirico seguindo a versión publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.

Galego

Carta Aberta. Tour 2024

Nesta xira, Antía Muíño, un dos fenómenos da nova canción galega, continúa presentando "Carta Aberta", o seu álbum debut. Un concerto que viaxa por climas que van dende o jazz vocal ou a canción alternativa de autora á música tradicional. En formato trío, Antía á voz e guitarra vai acompañada de Miguel Arribas ao teclado e o saxo e de Ton Risco ás percusións.

Galego

#2Pilgrims

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas.

Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

Galego

O que non se ve

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual.

Galego

Un día no circo

Obradoiro . Impartiranse tres disciplinas principais: acrobacia, malabares e clown,  Cada grupo de alumnos, irá rotando por cada unha das disciplinas para que así todos podan iniciarse nas mesmas.

Obxetivos:

- Dar a coñecer entre os máis cativos esta nova arte en Galicia.

- Mellorar as habilidades psicomotrices do neno.

- Mellorar a sua relación física tanto con eles mesmos como cos seus compañeiros.

- Ganar consciencia e aceptación do propio corpo.

Galego

Up2Down

Up 2 Down, é un espectáculo de danza- circo, xesto e poesía visual.

Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo e dirixidas por un paiaso.

 

Apto para tódolos públicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño