Letras e notas con Magín Blanco
Espectáculo musical de formato individual, no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as, dentro da programación de Ler conta moito.
A través do abecedario e da música, Magín irá creando un universo fiado polas introducións ás cancións, por adiviñas e pequenos contiños.
Esta é a proposta máis cercana entre público e autor, na que Magín procura a participación do público na interpretación das cancións.