Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Toma 612 en concerto

Formada por Jhonny (voz), Ramón (guitarra), Dimas (batería) e Mario (baixo), a Toma 612 Band ofrece a presentación do seu primeiro disco, "Toma 612", no que nos mostran as cancións deste primeiro LP, cunhas letras moi persoais, compostas polo guitarrista, Ramón Vigo. Esta banda  de Rock-Indie,  ao mesmo tempo está influenciada por grandes referentes tanto para Jhonny como para Ramón (os fundadores da banda) como poden ser Leiva ou Iván Ferreiro.

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

Concerto de MJ Pérez

MJ ofrécenos unha combinación de temas dos seus dous discos "Ollos que non ven, síntoma de cegueira" e "Guerrilleira", pero desta vez cun toque diferente.

Acompañada á guitarra por Diego Fiuza, consiguen unha combinación entre acústico e eléctrico que acentúa a forza de todas estas pezas. 

 

Galego

Davide Salvado

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

Galego

Daniel Díaz Trío

Tras formarse individualmente en distintas escolas superiores de jazz por toda Europa, estes tres músicos pontevedreses, Daniel Díaz á batería, Xan Campos ao piano e Xavier 'GDJazz' Pereiro á trompeta, reúnense baixo a dirección do primeiro para afrontar unha visión que escape das formas habituais que esta música tiña no século pasado.

Jazz arriscado e innovador xuntando tendencias que no mundo musical actual se están a presentar, en composicions propias e revisando pezas do repertorio jazz histórico.

Galego

Caxade

Folk-Pop de autor cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
"Premio Opinión" ao Mellor Artista, gañador do "Música Xove", tivo unha nominación aos Premios Mestre Mateo 2013 (mellor video clip) , dous nomeamentos aos Premios Opinión 2013 (mellor disco e mellor artísta), aos Premios Galegos da Música e aos "Premios de la Música Independiente".

 

Galego

Yani Como en concerto

Pasou pouco máis dun ano dende a presentación de "Eso sí que lo sé" e Yani Como presenta unha nova colección de cancións: Nunca Te Aburres-2014
O cine foi un referente vital na traxectoria da banda e por fin esta relación plásmase nun disco de 8 cancións que son o alter ego de 8 películas que foron importantes para o grupo. Cancións que naceron tanto nas súas letras coma na súa música despois de volver ver eses films que forman parte das súas vidas.

Galego

Martelo ao Vivo

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock.  Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais influencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo..

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo