Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss, Mr. Dixie Jazz Band) e Fernando Lamas (Lovely Lúa, Mr Dixie Jazz Band) proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Estes mozos e xa veteranos músicos  xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan estrañados do rock hispano como Os Salvaxes, Os Bravos, Fórmula V ou Os Brincos.

Galego

Concerto de Gonzalo Arca

Tras o seu paso por bandas como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca. 

Alone At The Crossroad (Dotbeat, 2014), preséntase como unha das revelacións para este ano 2015. Un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, cos sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que transmiten por momentos certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos atopados que flúen en perfecta harmonía a través dunha voz moi especial.

Galego

Concerto de David Regueiro Trío & Albert Bello

David Regueiro Trío é un proxecto de David Regueiro.

Tras realizar estudos de Guitarra, Educación Musical, Historia e Ciencias da Música (Music Degree BMus) en diferentes conservatorios (Ourense, Salamanca e A Coruña) e universidades (Complutense, Salamanca e Londres) David Regueiro recibe clases e/ou toca con algúns dos músicos con máis traxectoria a nivel internacional. 

Galego

Concerto de La Tronka Jazz Quartet

Aman os extremos, a súa mellor virtude e defecto é que rin de todo e utilizan a improvisación para converter cada un dos seus concertos nunha festa para eles e para os que os ven. A Tronka Jazz Quartet son en realidade "catro matados que nos dedicamos a esnaquizar cancións". Dani, Miguel, Pablo e Víctor formaron en 1997 esta banda que máis que por facer rock and roll ou powerpop popularizouse por facer letras capaces de ironizar sobre calquera tema.

Galego

Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea

Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. Todo isto e moito máis en "Contos dun rapaz de aldea".

Galego

Peter Punk con peor imposible

Chega o novo espectáculo de Peter Punk.

Chega un espectáculo que reflicte a situación actual da cidadanía: Peor Imposible ... ou case.

Peter Punk logo de triunfar en Galicia, España e xiras por Brasil, Italia, Palestina, Portugal e exóticas illas como As Canarias pensaba que xa todo ía ser doado na súa carreira e que xa estaba lanzado en pos do éxito.

Peor Imposible desmostra que nada diso a traves dun cúmulo de fracasos, números fallidos e desastres que, cando menos, provocaron a hilaridade do público.

Galego

Concerto de Paul Álvarez Trío

Trátase dunha formación un tanto atípica integrada por Paul Álvarez á guitarra flamenca, 

Iago Mouriño ás teclas e Pablo Pérez aos baixos.

A proposta musical abrangue temas propios de Paul Álvarez, tanto recentemente 

publicados no seu disco como temas aínda inéditos, arranxados para trío instrumental.

Unha música de profunda raíz flamenca pero moi aderezada i enriquecida por multiples 

cores rockeiros ou jazzísticos, dende composicións puramente flamencas ata outras ricas 

en mestizaxe sonora.

Galego

Alberte Contador

Como o ciclista, efectivamente. Até aquí o único en común entre Alberte e o de Pinto é o nome, un xogo de palabras "enxeñosirmo" que dá título a este novo espectáculo do monologuista galaico-catalán.

Alberte fala de ciclismo, das sestas que bota vendo o Tour. Da dopaxe, a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín, e tamén da súa relación co deporte, relación parecida á que Superman ten coa kriptonita.

Galego

Xoán Curiel

Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. No 2014, presenta o seu terceiro disco: Estamos no Verán!; neste caso trátase dunha novela-disco infantil, editado pola editorial Galaxia que ten como autora da novela a Charo Pita. En 2016 presenta un EP, Ecuacións, un traballo totalmente distinto e gravado cun sistema analóxico.

Galego

A ilusión dun músico

¿Pódese facer maxia cun instrumento de corda?
¿Pódese facer composicións musicais dunha baralla?

Manipulacións de cartas que fan música, papeis rotos e recompostos que crean ritmos, cordas que se rompen e siguen soando e unhas notas máxicas de humor co espectador.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo