Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sérgio Tannus Trio

Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, e autodidacta, o músico foise perfeccionando na búsqueda de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Santiago de Compostela, en Galicia, dende onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.

Galego

Radio Pesquera

Concerto instrumental a dúas guitarras. Guitarra española (Nono García) e guitarra eléctrica (Pablo Novoa), presentando o seu disco Radio Pesquera.

Partindo de composicións propias e versions de música de jazz, son cubano, rock... o concerto vai pasando por sons que veñendo Atlántico, terra dos dous músicos (Barbate e Vigo ). Música que ven das raíces populares das cancions que bañan este océano, desde Sudáfrica o Reino Unido, dende Canadá ata Arxentina. 

Galego

Pasajero

Unha banda cun directo de moi alta calidade que está a presentar o seu traballo Parque de Atracciones.

Levan anos tocando co seu anterior grupo, Zoo, o que os leva a ter moitas tablas e defender moi ben a súa música enriba do escenario.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos, da Rede galega de música ao vivo.

Galego

Paracetamol

O trío formado por Cristina Pena, Roque Cameselle e Coque Varela presenta o seu disco Enfermedades Comunes (Rumble Records, 2013), longo producido por Pablo Novoa (Golpes Bajos, Mastretta, Iván Ferreiro) e gravado e mesturado por Javier Abreu e Luis Antelo, formado por once cancións repletas de sons punk, pop e power-pop que lles emparentan con grupos como F.A.N.T.A., Airbag e Blondie, entre outros.

Galego

Let the old times roll

Miki Nervio and the Bluesmakers é unha banda lendaria no panorama musical galego, que dende o ano 1992  gañou a pulso o cariño, o respecto e a admiración do público.

Despóis de 21 anos de andaina, o grupo tén ás costas 500 actuacións en todo tipo de eventos, varias aparicións en directo na radio e na televisión, a participación en diversas actividades audiovisuais, e cinco C.D.s.

Galego

Encantamentos

Espectáculo de maxia, humor e participación dos espectadores, presentado dun xeito diferente: non existen traxes de mago, nin chisteiras nin coellos.

Maxia directa ós ollos do público: mentalismo, escapismo, cartas, cordas, etc.,...os números máis sorprendentes do ilusionismo a pouca distancia, sen mangas, sen caixas, sen fumes pero coa maior das armas...a imaxinación.

 

 

Galego

Unha noite co Mago Xacobe

Un espectáculo de maxia completo e de calidade durante dous intensos pases de 45 minutos nos que se mestura un humor irreverente pero refinado, imitacións, artes afíns á maxia, monólogo e improvisación con potentes efectos de maxia e unha gran participación dos asistentes.

Un espectáculo para adultos no que a complicidade co público resulta fundamental.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Pub Ultramarinos en Santiago de Compostela.

Galego

Grandes éxitos dos anos 60

Estes mozos e veteranos músicos xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán con artistas como Bruno Lomas, Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos. 
Este trío de mozos aínda que sobradamente experimentados músicos repasarán na súa máis dúas horas de animado directo algúns dos momentos máis inesquecibles da década por excelencia do pop inglés, americano, español e galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo