A banda da Balbina
A Balbina canta e conta historias. Historias que son nosas e comúns nas 4 provincias de Galicia. Dende o inicio mantén unha proposta clara: música e letras orixináis 100% en lingua galega. Creación que mestura ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Historias que nacen no rural, de personaxes extraordinariamente cotiáns. Historias que merecen ser contadas e musicalizadas. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mistura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. A traxectoria da banda reflicte unha visión de Galicia en feminino.