CAIR
CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar.
A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.
Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando ven, pero coñécense de toda a vida.