Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Zampón, o lambón

Autor: Carlos Negro

Dirección: Inacio Vilariño

ZAMPÓN, O LAMBÓN e DON VENTO: Xigantes. Manipulados e interpretados por Ignacio Vilariño.  

BRAIS BUSCAMÁIS: actor e títere. interpretado e manipulado por Luis Iglesias, Vai sempre no seu Cocomóbil, gran cabezudo automatizado.

CHISPÍN DE LALÍN: actor e títere. interpretado e manipulado por Fran Lareu.

DRAGONA RAMONA: cabezuda. Interpretada por Vanessa Rivas.

Galego

Uxío no país de Patadecabra

Uxío no mundo de Patadecabra  é un espectáculo de maxia, teatro e monicreques

Sinopse: Uxío é un rapaz de sete anos procedente dunha familia moi humilde. O seu soño é converterse nun gran mago, o seu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre un país fantástico: o país de Patadecabra. Unha noite, durante un soño especial, Uxío vivirá unha máxica aventura no país de Patadecabra con todos os seus personaxes. Será realmente un soño? Cumprirá Uxío o seu soño? Que pasará cando esperte?

 

Autores: Marina López e Fran Otero

Galego

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

O crédito

Autor: Jordi Galcerán

Dirección: Fernando Bernués

Elenco: Antonio Durán 'Morris' e Pedro Alonso

Sinopse: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso coma unha ovella...

Galego

O príncipe e o parrulo

Autores: Javi Tirado e Jokin Oregi
Dirección: Alex Díaz
Elenco: Rocío González e Lucía Regueiro

Sinopse: Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.

Galego

Aurora

Aurora é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mestura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ao redor das linguaxes  visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.

Galego

María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

Galego

Contos de animalario

Autor e director: Daboapipa

Elenco: Vero Rilo e Santi Prego

Daboapipa, Vero Rilo e Santi Prieto crean un novo espectáculo dirixido a nenas/os de 2 a 6 anos e familias. Cantos e Contos, ese é o xeito da traballo desta compañía coa que, durante 40 minutos, música en directo, canto e palabra únense para crear un universo máxico e lúdico cos contos máis coñécidos.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios