Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Nadal máxico

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

Un espectáculo estructurado en formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena.

Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.

 

Galego

Volta á maxia

Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar.

Galego

Un paseo por la música negra

BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións.

A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit theroad Jack, vibraremos recordando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.

Galego

Susana Seivane - Cuarteto

O concerto de Susana Seivane consta de temas do seu novo disco "Fiz", xunto con temas habituais do seu repertorio, pezas tradicionais e de autor. Durante o espectáculo a gaiteira vai interaccionando co público e créase unha atmósfera moi cómplice que culmina nun fin de festa inesquecibre.

O tempo estimado de duración será de 90 minutos con bises.

Esta programación pode sufrir modificacións. Consultar horas e datas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se realiza a actuación.

 

Galego

As fillas de Manawee

Un espectáculo sobre as emocións destinada ao público familiar.

Que é iso que sentimos e que as veces nos desborda, que incluso se apodera de nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade. Cando nos preguntaban de pequenas "pero que che pasa? " As veces non sabíamos que contestar, e incluso tardamos moito tempo en averigüar de que emoción se trataba. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en nós puidemos manexalas moito mellor e incluso facernos máis empáticas coas emocións dos demais.

Galego

¡Estamos perdiendo el Norte!

"¡Estamos perdiendo el norte!" é o título deste espectáculo de comedia no que Sara se atopa en plena crise. Co país a un paso de ver renacer os mercados de chipiróns de estraperlo, Sara Escudero vai acorde: ten 33 anos e non o leva ben. "Por que os 33 non se levan ben! Os 32?? Buah! Eran outra cousa... Pero os 33? Os 33 non levan ben!". Confesarase diante de vós e aconsellaravos para que non vos pase... Pediravos café á que vos descoidedes pero, sobre todo, rirá convosco do mellor do que un se pode aprender a rir: dun mesmo.

Galego

Concerto dunha orquestra de corda

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, e Clara Groba, violoncelo principal e solista, e integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. Desenvolveu unha intensa actividade que a levou a interpretar un amplo repertorio que abarca desde o barroco ata os nosos dias, incluíndo a difusión de compositores galegos e facendo especial fincapé na extensa obra do compositor Rogelio Groba Groba, do cal se levaron a cabo numerosos estreas.

Galego

Don Quijote, una comedia gastronómica

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é a Potaxe de vixilia... O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote se encarnarán no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. 

Galego

El árbol de mi vida

A obra narra en ton de comedia, a vida dun matrimonio, E‰ƒƒ‰‰L e ELA, que comparten a súa existencia xuntos. Ao chegar á vellez, a ELA gústalle sentar baixo o Áƒƒrbol onde viviron tantos momentos felices, para lembrar a súa historia.

Galego

Escondite

Dous premiados bailaríns, animacións en vídeo e unha música especialmente composta para a ocasión conxúganse para ofrecer un espectáculo de gran calidade dirixido a público infantil no que se narra a aventura dos pais de Claudia, que inician a súa procura cando sae voando agarrada a un globo. Durante esta aventura, os seus pais percorren todos os lugares cara a onde Claudia escapa coa súa imaxinación cando o mundo dos adultos se lle fai demasiado incomprensible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios