Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos
Unha posta en escena sinxela pero efectiva. A compañía Floristería convida a compartir a súa historia "Eu encargábame dos nenos", un espectáculo que pon enriba do escenario a dúas actrices e un actor. A través da manipulación de obxectos, da recreación da situación, a obra trata de afondar na igualdade. Recoller aos nenos, presentar documentación en Facenda, por a lavadora, facer as camas, organizar unha reunión executiva, mercar o pan,...
É un espectáculo áxil que divirte mentres se mergulla no pasado para reflexionar sobre a realidade que se vive hoxe en día.