Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Amor en 3D

Comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro: As pontes de Madison, Notting Hill, Titanic e Amor en 3D. Escrita e dirixida por José Prieto, un dos autores máis prolíficos e representados do actual panorama teatral galego. Con ela preséntase Vía Seis, unha compañía fundada en 2014 por un grupo de novos profesionais da escena, formados na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.

Galego

La calma mágica

Oliver é un home que quere cambiar de vida. Durante unha entrevista de traballo a súa futura xefa ofrécelle uns fungos alocinóxenos. Oliver quédase durmido diante do oredenador e un cliente o gravará co móbil. Oliver quererá que o cliente borre o video e o cliente non quererá. Da loita destes dous cabezóns nace esta historia sobre a búsqueda da dignidade e do sentido da vida.

Un viaxe iniciático que nos levará a África, a os elefantes rosas, ao amor, á obsesión, ás escopetas de caza, ao alcol, á traizón, aos soños roubados...

 

 

 

Galego

Kassa

Kassa é un espectáculo de teatro visual que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estructura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constituen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.

Galego

Alí Baba

Alí Baba é un leñador pobre de Persia. Un día, mentres recolle leña no bosque, oe un gran estrondo que o asusta moito. Escóndese entre as pólas dunha árbore e ve como 40 ladróns se deteñen diante dunha roca enorme xunto a unha montaña. O xefe dos ladróns exclama Ábrete, Sésamo!, e a roca apártase para deixar aberta a entrada a unha cova. Os 40 ladróns gardan na cova os sacos cargados de ouro, froito dos seus roubos; despois de que se marcharon, Alí Baba ponse fronte á roca e repite as palabras do xefe. "Ábrete, sésamo". Dentro da cova, atópase con centos de sacos cheos de moedas de ouro.

Galego

A viaxe de Rosalía

Elenco:

A actriz e monicrequeira Larraitz Urruzola Tolosa.

Sinopse:

A protagonista desta viaxe é Rosalía de Castro, que ven coa súa madriña Francisca. Xuntas contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas, da man da actriz e monicrequeira Larraitz Urruzola. 

Utilízanse monicreques de mesa, onde o traballo de manipulación faise á vista, creando diálogo entre actriz-monicreque-público-actriz.

 

Galego

Juanita Calamidad

Juanita Calamidad ven a ser unha especie de anti Yerma, unha mestra da marcha atrás, reacia á maternidade e a calquera cousa que conleve compromiso. Unha eterna Campanilla, que vive ao límite que pon en cuestión a noción do xénero e que non é casta, abnegada nin sumisa. Vive o presente e non fai ascos a ningunha festa.

Un día, resacosa, escoita unha voz que lle aconsella un pouco de sensatez. Xa vai tendo anos e é hora de cambiar. Esa noite pecha todos os bares, é detida por escándalo público e termina no calabozo, onde a súa sorte cambia para sempre.

 

 

Galego

Jiñol

Rosalia, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policia ven alterada a sua vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis y nada menos que ... ¡un cocodrilo!
Este é o principio dunha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen co intruso.
A evolución deste conto desemboca nun inesperado final.

 

Galego

Jim e a illa do tesouro

O temible pirata John Silver busca sen éxito o tesouro do lexendario capitán Flint. Billy Bones traicionouno dándolle un mapa falso. Manda un dos seus homes (Pew) buscar a Bones para lle dar morte e recuperar o verdadeiro mapa. Bones refuxiouse nunha fonda rexentada por Tom Hawkins e o seu fillo Jim.

Pew dá co paradoiro de Bones, e no seu intento por matalo para recuperar o mapa mata tamén por accidente o pai de Jim. A Jim só o asiste o doctor Livesey. Inesperadamente, Jim atopa o mapa do tesouro que escondía Billy Bones e él mailo doutor deciden ir buscar o tesouro.

Galego

ImPRoCadaBra

Tres bruxas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias que aparecerán por arte de maxia diante dos nosos ollos. 

A bruxas Pata de Cabra son especialistas en contar as mellores historias, sempre coa axuda dos seus pequenos aprendices.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios