Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Desperta!

Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia.

As habilidades circenses, a música en directo e a comicidade van da man en Desperta!, onde a técnica se pon ó servizo das emocións, e onde a poética das imaxes fan viaxar aos espectadores por un mundo imaxinario e moi real. Trátase dun espectáculo de humor onde rir á esgalla pero que, ao tempo, lles faga pensar ao público sobre a cotidianeidade dos momentos polos que transitamos na historia.

Galego

The Gagfather

Catro gánsters aterrorizan a cidade. Un policía farto da corrupción do sistema e de todas as tropelías, recluta a un selecto grupo de disparatados polis para pararlles os pés. O ben contra o mal, ¿ou todo o contrario?

Con esta premisa arranca o novo espectáculo de Yllana, unha homenaxe ao “cine negro”, cheo de delirantes situacións de humor negro, inventiva teatral e ol código xestual marca da compañía.

Unha divertidísima viaxe aos baixos fondos e aos máis baixos instintos, non exento de crítica e reflexión sobre o  ben e o mal.

 

Galego

Waltz

Waltz é un conto que fala de amor e desamor, de namoramentos e rupturas, da vida compartida e da lembranza de amores perdidos. En Waltz a vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella; hainas que che pisan os pés, outras agárrante forte pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade….

 

Galego

A tempestade

Sinopse: Próspero, duque de Milán, inmerso nos seus estudos, é traicionado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe de estado e o abandona no mar á súa sorte xunto á súa pequena filla Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirán entre monstros e espíritos. Doce anos despois, o azar fai que os traidores naveguen cerca da illa. A obra

comeza precisamente aquí, cando Próspero provoca unha tempestade que arrastrará ós seus inemigos á illa. A maxia de Próspero obliga aos personaxes a unha autorevelación.

 

Galego

El nombre

Vicente, que vai ser pai por primeira vez, acode invitado a cear á casa da súa irmá Isabel e o seu marido Pedro,
onde tamén está o seu amigo da infancia Carlos. Máis tarde aparece Ana, a súa embarazada muller, que como sempre
vén con atraso. Trátase de celebrar a próxima chegada do bebé. Formúlanlle todo tipo de cuestións sobre o seu
futura paternidade e os cambios que supoñen na vida dunha parella, sen perder nunca o sentido do humor. Cando
pregúntanlle se xa escolleu un nome para o futuro neno, a súa resposta deixa a todos pampos... dende

Galego

Rumpelstikin, o anano saltarín

Sinopse: A Pobreza mudouse a vivir a un pobo afastado. Os labregos dese lugar quedaron sen un só gran, despois de pagar os impostos ao Rei. O único que consegue darlle unha malleira á odiosa convidada é o vello muiñeiro. Este vese involucrado nun accidente fortuíto cun xoven nobre que regresa ao castelo. Aproveitando esta ocasión única o muiñeiro revélalle a incrible habilidade da súa filla, que pode "fiar de calquera herba seca, un fío de puro ouro,". Deste modo Esperanza chega ao pazo. Por orde do Rei, a moza debe confirmar as palabras do seu pai.

Galego

Que volvan as flores

Dirección e interpretación: Rut Balbís

Que volvan as flores é unha práctica sobre a creación de imaxes no momento. Por isto, a peza reconstrúese cada vez que se representa e a variación é unha característica constante. Partindo do concepto do desapego ás accións e baixo a rutina no “refacer”, Rut Balbís enfróntase en cada exposición da peza a un momento diferente do que quere facer partícipe ao público. O proceso de creación e ensaio foi aberto ó público. A propia peza fala sobre o proceso de creación, construíndose ao mesmo tempo que se amosa.

Galego

Osiño

Espectáculo infantil que lle permitirá aos máis pequenos coñecer polo miúdo, e dun xeito divertido, as diferentes estacións climáticas.

Galego

Distancia siete minutos

Coincidindo cronoloxicamente no tempo co envío e aterraxe do robot espacial Curiosity, Félix un novo xuíz, vese obrigado a abandonar a súa casa afectada por unha praga de termitas e instalarse durante uns días no que foi o seu domicilio familiar. Da convivencia diaria co seu pai, xorden todas as cuestións que hai anos deixaron sen resolver. O ámbito dos xuízos, onde o xuíz desenvolve a súa profesión, así como as regras establecidas polo seu proxenitor, marcarán a confrontación durante a historia en temas fundamentais para eles como xustiza, felicidade e destino.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios