Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O Lazariño de Tormes

Autor: anónimo

Dirección: Celso Parada e Andrés Pazos

Elenco: Celso Parada

A vida de Lazariño de Tormes e das súas fortunas e adversidades non ten autor coñecido. O que se sabe é que foi publicado en 1554. Había 62 anos da descuberta de América e o ouro chegaba a España, pero os banqueiros alemáns tiraban a “parte do león”. A inflación trouxo pobreza e aparecen os fidalgos miserables, coma o que se mostra nesta obra. E aí está a neno famento do relato que só pensa en comer e ter un teito.

Galego

Misterio Cómico

Autor: Darío Fo

Dirección: Júlio Cardoso

Elenco: Celso Parada

Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do  público, Misterio bufo está considerado xunto con Morte accidental dun anarquista  a obra máis importante de Dario Fo. Deste xeito, Misterio bufo  a carón de  Morte accidental dun anarquista é o texto de Fo máis representado practicamente en todos os países e linguas do mundo.

Galego

A charca inútil

Autor: David Desola

Dirección: Xúlio Lago

Elenco

Oscar......Marcos Vieítez

Señor Xerofante.......Gonzalo Uriarte

Irene................María Barcala

 

A CHARCA INÚTIL obtivo  o premio Lope de Vega 2007, cun xurado presidido por Mario Gas e composto por José Monleón, Juan Antonio Hormigón, Nacho García Garzón

Galego

Osiño

Dirección: Kevin Stewart

Elenco: Marian González, Sabela Amado e Luís González

Sinopse: A vida nun anaquiño de fraga  transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles e a súa vida cotiá o público irá coñecendo as diferentes estacións meteorolóxicas. 

Galego

Chíos

Autoras: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Directoras: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Elenco: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Chíos son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo achégaselles o mundo a través dos sentidos, transforman obxectos, disfrutan coa música e as palabras e exaltan a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

Galego

Rumpelstikin, o anano saltarín

Dirección: Plamen Dipchilov

Elenco: Plamen Dipchilov

            Marian González

            Luís González

Se a vida se pode representar como un fío, resulta que a biografía é o ovillo enteiro; e para contar a historia de calquera persoa tes que liar o fio que leva dentro. Esta linguaxe metafórica é a esencia do espectáculo. Todos os elementos - os personaxes, o decorado e sobre todo a acción - están "atados" con anacos de fíos e fitas nunha expresiva imaxe escénica. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.

Galego

Ilusións Máxicas

Elenco:Mago Xacobe Sanz e Pedro García Bugarín

Ilusións máxicas combina toda a fantasía da maxia coa frescura da improvisación teatral.

Un espectáculo humorístico de intriga, evasións, adiviñacións, revelacións e algunha que outra levitación no que a interacción co público resulta fundamental. A combinación dos distintos tipos de maxia dá por resultado un espectáculo ideal para todos os públicos.

Este espectáculo pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos mesmos lugares onde se representa.

 

 

 

 

 

Galego

Sopa de sapo

Elenco: Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Rubén Prieto.

A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:

- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!

- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios