Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Kibuku

Autor e director: Jokin Oregi

Sinopse: Xebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público. No entanto, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán.

Galego

O afiador

Obra máxica-teatral que xira ao redor dunha roda de afiador dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Galego

Tecnomaxia

Consiste nunha sesión de maxia na que se mestura o ilusionismo co pragmatismo científico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá.

Un apartado adicado as novas tecnoloxías. Recomendado para público a partir de 12 anos

Galego

Historias dun ilusionista

Este espectáculo, adicado ao público entre 0 e 99 anos, promete sorprender e facer rir da man de Rafa, un dos ilusionistas con máis proxección do noso país, que cos seus ingredientes preferidos, elegancia, ironía e presenza escénica, converterá en inesquecible o anaco que pasardes xuntos.
Noventa minutos cheos de ilusións, risas, participación do público e unha coidada escenografía é o que vos espera neste espectáculo. Todo esto amenizado dunha selección musical que non vos deixará indiferentes.

Galego

Gatuxo

Magín Blanco: Voz e guitarra
Jorge Juncal: Piano e acordeón
María Faltri: voz e percusións
Raquel Queizás: actriz

Gatuxo é un espectáculo musico-teatral para bebés e familias, no que a parte musical, da man de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri se completa coa dramatización das cancións por parte de raquel Queizás, a través do teatro, a manipulación de obxectos, o clown, o claqué....e todo esto saíndo de dentro dunha caixa.

Galego

O principio de Arquímedes

Sinopse: Preferimos vivir nun mundo onde aínda é permitido un xesto de tenrura cun cativo, aínda que así queden fendas para os abusos, ou preferimos unha sociedade de seguridade reforzada que impón o control dos individuos para previr calquera risco? A proliferación dos dispositivos de seguridade fai pensar que a escolla xa está feita.(Laurent Gallardo, tradutor da Maison Antoine Vitez)

Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que pode tratarse dun pederasta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios