Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Fume

 

Autora e directora: Angela Blanco sobre cortometraje de Oliver Laxe

Elenco:
Angela Blanco, intérprete
Miguel Mariño, video creador en directo
Dani Pais, luces e son en directo

FUME móvese entre o cinema, as sombras e a danza. Nun código orixinal que explora os canles que existen entre a pantalla plana e o corpo en movemento. Nesta fusión permanente - efémero atopamos o vehículo para as emocións pretendidas. FUME é unha viaxe sensorial por enriba do narrativo, é vibración.

 

Galego

Divenire

Autor: Circle of trust- Logela
Dirección: Jordi Vilaseca
 
Elenco
Ignacio Fernández
David Ventosa
Alberto Pardo
Marcos Pardo
Juan Manuel Aragón
Victor Lázaro

Divenire é break dance, hip hop, composición contemporánea, multimedia... Todo iso levado á súa máxima expresión fai gozar, vibrar e sorprender.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

Laboratorio máxico

Autora, directora e elenco: Laura Muñoz

Laura Mandarina é unha das mellores magas cómicas do momento e conta con grandes recoñecementos e premios polo seu traballo en festivais como Festiclown, Farandula, Torredembarra, Xirivella ...

 

Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fai que grandes e pequenos se sorprenndan e escachen coa risa con xogos de maxia cómica e a aparición do seu malhumorado paxaro, Rigoberto.

 

Galego

O Feo

Autora: Marius Von Mayenbur
Director: Juan Carlos Corredoira

Elenco
Lette: Machi Salgado
Karlmann: Manuel Polo
Scheffler: Xoán Abreu
Fanny: Laura Campos

Sinopse: Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible e sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.

Galego

Menú do día

Autor e director: Carlos Blanco

Elenco: Carlos Blanco e Luís Davila

O novo de Carlos Blanco con Luís Davila, un debuxante de luxo. O espectáculo retranqueiro permite ver debuxar en directo a Davila en pantalla xigante as historias de Carlos.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos das Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

 

Galego

Glub, Glub!

Autor e director: Juan Rodríguez

Caramuxo teatro presenta o que foi o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia.

O mariñeiro novo perdeu o pequeno barco de papel...

¿Onde estará? ¿Nesta caixa? ¿Nesta cesta? ¿Ou quizais naquel baúl?

Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.

Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente.

Galego

As fabas máxicas

Autoría e adaptación: Laura Sarasola e Juan Rodríguez

Elenco: Suso Jalda e Juan Rodríguez

Caramuxo teatro presenta unha adaptación do conto clásico Xan e as fabas máxicas nunha clave máis contemporanea, misturando o teatro de actor e monicreques. 

Xan e a súa avoa vivian nunha pequena casa co único que tiñan, unha vella vaca chamada Flora que xa non daba leite. Un día Xan cambiará a súa amiga Flora por unha fabas moi especiais e ahí comezará unha fantástica aventura...

Galego

La Traviata (adaptación escénica)

Camerata Lírica de España escolleu está obra do compositor Giuseppe Verdi por ser a ópera máis representada nos últimos cen anos nos principais teatros do mundo. A súa programación é sinónima de afluencia e éxito de público e algunhas das súas melodías traspasaron o meramente operístico para converterse en parte da banda sonora da humanidade, como o famoso brinde. A súa fama é tan enorme que calquera persoa, por moi afastada da música clásica que se encontre, a recoñece como ópera.

Galego

Martes

Autora: Andrea Bayer

Elenco: Xurxo Cortázar, Óscar Ferreira e Andrea Bayer

 

 

Martes é un espectáculo recomendado para nenos/as de 2-7 anos

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes.

Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa.

Martes tenlle  medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios