Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

O crédito

Autor: Jordi Galcerán

Dirección: Fernando Bernués

Elenco: Antonio Durán 'Morris' e Pedro Alonso

Sinopse: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso coma unha ovella...

Galego

O príncipe e o parrulo

Autores: Javi Tirado e Jokin Oregi
Dirección: Alex Díaz
Elenco: Rocío González e Lucía Regueiro

Sinopse: Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.

Galego

Aurora

Aurora é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mestura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ao redor das linguaxes  visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.

Galego

María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

Galego

Contos de animalario

Autor e director: Daboapipa

Elenco: Vero Rilo e Santi Prego

Daboapipa, Vero Rilo e Santi Prieto crean un novo espectáculo dirixido a nenas/os de 2 a 6 anos e familias. Cantos e Contos, ese é o xeito da traballo desta compañía coa que, durante 40 minutos, música en directo, canto e palabra únense para crear un universo máxico e lúdico cos contos máis coñécidos.

 

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios