Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

SOLO

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

Galego

O porco de pé

Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Galego

Arraianos

Na fronteira, liña invisible entre a Galiza interior e o norte de Portugal; de brétema, chuvia, neve onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. Entre o misterio e os impulsos da terra. Entre o ser humano e as forzas da natureza. Entre o poético e o mítico, alén da xeografía. No límite da fantasía.

A idea de fronteira, da liña divisoria, punto de escisión e de unión, lugar de encontro e separación. Espazos vitais nos que os límites non só físicos, están na condición humana, no que de verdade nos converte en arraianos.

Galego

Deadpan Karaoke

Deadpan, do inglés “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’).

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza. 

Galego

O auto do Castromil

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Galego

Arraianos

Na fronteira, liña invisible entre a Galiza interior e o norte de Portugal; de brétema, chuvia, neve onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. Entre o misterio e os impulsos da terra. Entre o ser humano e as forzas da natureza. Entre o poético e o mítico, alén da xeografía. No límite da fantasía.

A idea de fronteira, da liña divisoria, punto de escisión e de unión, lugar de encontro e separación. Espazos vitais nos que os límites non só físicos, están na condición humana, no que de verdade nos converte en arraianos.

Galego

Las bodas de Fígaro

Adaptación da man de Rodolfo Albero da ópera "Las bodas de Fígaro", de W. A. Mozart. Unha produción dunha duración de 90 minutos, interpretada por seis voces solistas de primeira fila con acompañamento e unha ambientación costumista con traxes, mobiliario e atrezo.

Galego

Iphixenia na porta do súper

Iphixenia na porta do súper é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, a súa adaptación ó español consagrou á actriz María Hervás conseguindo o premio Max á Mejor Actriz Protagonista, Mejor Espectáculo Revelación e Mejor Versión Teatral.

Galego

Mentres dure a canción

Os días pasan, uns tras outros, e nada pasa. Nese transcorrer pode darche por pensar na vida. Hai que ter coidado con iso! Pensar pode ser un acto revolucionario… O mundo non está para bromas. Os días van pasando no fogar do noso protagonista… Un actor que ás veces escribe cousas con moitos signos de exclamación e puntos suspensivos…

En Producións Dispersas cremos que a risa é a mellor das armas posible para botar abaixo calquera muro. Nós conformámonos con derrubar a cuarta parede. Este é un espectáculo doméstico pero universal. Un musical ambicioso pero próximo.

Galego

O auto do Castromil

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.

O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios