Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A charca inútil

Autor: David Desola

Dirección: Xúlio Lago

Elenco

Oscar......Marcos Vieítez

Señor Xerofante.......Gonzalo Uriarte

Irene................María Barcala

 

A CHARCA INÚTIL obtivo  o premio Lope de Vega 2007, cun xurado presidido por Mario Gas e composto por José Monleón, Juan Antonio Hormigón, Nacho García Garzón

Galego

Osiño

Dirección: Kevin Stewart

Elenco: Marian González, Sabela Amado e Luís González

Sinopse: A vida nun anaquiño de fraga  transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles e a súa vida cotiá o público irá coñecendo as diferentes estacións meteorolóxicas. 

Galego

Chíos

Autoras: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Directoras: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Elenco: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Chíos son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo achégaselles o mundo a través dos sentidos, transforman obxectos, disfrutan coa música e as palabras e exaltan a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

Galego

Rumpelstikin, o anano saltarín

Dirección: Plamen Dipchilov

Elenco: Plamen Dipchilov

            Marian González

            Luís González

Se a vida se pode representar como un fío, resulta que a biografía é o ovillo enteiro; e para contar a historia de calquera persoa tes que liar o fio que leva dentro. Esta linguaxe metafórica é a esencia do espectáculo. Todos os elementos - os personaxes, o decorado e sobre todo a acción - están "atados" con anacos de fíos e fitas nunha expresiva imaxe escénica. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.

Galego

Ilusións Máxicas

Elenco:Mago Xacobe Sanz e Pedro García Bugarín

Ilusións máxicas combina toda a fantasía da maxia coa frescura da improvisación teatral.

Un espectáculo humorístico de intriga, evasións, adiviñacións, revelacións e algunha que outra levitación no que a interacción co público resulta fundamental. A combinación dos distintos tipos de maxia dá por resultado un espectáculo ideal para todos os públicos.

Este espectáculo pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos mesmos lugares onde se representa.

 

 

 

 

 

Galego

Sopa de sapo

Elenco: Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Rubén Prieto.

A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:

- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!

- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

Galego

Xango: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina

Autor e director: Diego Rey

Elenco: Dani Trillo e Toño Casais

Sinopse: Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.
Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!

Un espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 12 anos.
 

 

Galego

A voar!

Autora e directora: Fina Calleja

Elenco
Papá: Fernando Dacosta

Zoe: Nate Borrajo

Tía Greta: Elena Seijo

Sra Tachán: Sabela Gago  

Sr Menta: Fernando Dacosta

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios