Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Salón Otto

Dirección: Teresa Navarrete

Elenco bailaríns: Teresa Navarrete e Nando Pérez

Salón Otto procura ese refuxio humano de solidariedade, de abrigo e recollemento cara ás realidades a priori máis adversas. Recrea eses espazos de paz, liberadores de encontros fugaces; ese punto concreto que exerce de fogar para a linguaxe, como único fogar humano, como expresa John Berger na súa obra Coa a esperanza entre os dentes.

Galego

Antoloxía escénica de zarzuela

Escenas máis populares e emblemáticas das zarzuelas máis representativas, unidas todas elas nunha nova producción na que os dúos, romanzas, tercetos, cuartetos e demais números de conxunto, enlázanse nunha fermosa unidade dramática, formando o espectáculo, “Antoloxía Escénica de Zarzuela”, con fragmentos de “Luisa Fernanda”, “Marina”, “La Canción del Olvido”,  “La Gran Vía”, “El Carro del Sol”, “Alma de Dios”, “La Tabernera del Puerto”, etc.

Galego

Titania

Mago: Chrystyan Magic

Baile danzas orientales e partenair: Bibiana Llambi

Sinopse: Imaxina que un día es capaz de ver como os obxectos aparecen, desaparecen, voan... que podes sentir coma si as estrelas baixaran do ceo e nos encheran de emocións para compartilas...

Un  espectáculo que retoma ese número de maxia que impactou na historia da maxia , una persoa cortada pola metade ante os ollos do público, en directo.

Unha combinación de maxia, humor, diversión, baile, levitacions, mentalismo...

Galego

Menú do día

Ver debuxar a Davila en pantalla xigante as historias, novas e vellas, de Carlos Blanco, en directo: As bravas do país, Dora a desbrosadora, os kiwis...

Unha complexa aposta técnica (animación incluída) con moita retranca. Con música composta para o espectáculo por Budiño e Kepa Junkera.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos mesmos lugares onde se representa: Auditorio Gabriel García Márquez

 

Galego

Na casa

Autoría e dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade. A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade. Aí está, arrodeada doutras. É de madeira, ten xardín e dalle moito o sol. Antes non tiñamos veciños, pero pouco a pouco foron chegando Hortensia, a florista, que ten unha casa que recende moi ben; Telmo, o veciño equilibrista; ​Arabela, que é cantante de ópera...no verán se vai moita calor, ou no inverno, se non para de chover, o mellor sitio onde estar é...na casa!

 

Galego

Martes

Autora: Andrea Bayer

Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Elenco: Andrea Bayer, Xurxo Cortázar e Óscar Ferreira

 

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes.

Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa.

Martes tenlle  medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras.

Galego

Ale-hop

O desexo de bailar está nalgun lugar da nosa mente, coma os soños. Que é realidade e que é ficción?

Ale-hop é un espectáculo de danza moderna, hip hop e teatro no que os soños se fan realidade e a realidade se fai soño. 

Esta programación pode sufrir modicacións. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se representa: Auditorio Casa da Cultura de Bertamiráns

Galego

Uvas de collón de ghalo

Autora: Dramaturxia por Laura Villaverde
Dirección: Roi Fernández

Elenco: Roi Fernández, Laura Villaverde

Sinopse: "Se falas con Deus estás rezando. Se Deus fala contigo, tes esquizofrenia". Advírtelle el a ela dende a súa mesa de escritorio a 50 anos de distancia. Ela, inconforme coa sua situación vital, relixiosa, social, política e chea de cuestións existenciais, busca na fresca adega de viño do seu avó Basilio poñerlle maxia á súa existencia.

 

Galego

Cindirela mix

Autor: Rosa Hurtado, Santiago Montenegro e Simón Piñón

Dirección: Manuel Pombal e Santiago Montenegro

 

Chisco, Mucha e Moncho son tres limpadores que comezan unha nova xornada de traballo. Mais hoxe, con tanta sorpresa, vense cautivados nunha historia que lles leva a xogar, a enredar, a mesturar, a compartir... Pero se están no conto da Cincenta! 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Galego

Constelaciones

Montaxe escénica de danza dirixida aos máis pequenos e pequenas, inspirada en Joan Miró, xa que á compañía sempre lle fascinou a súa mirada limpa e transparente.

 

Argumento: Imaxina unha praia. A marea está baixa. A area está mollada e lisa. Non hai ningunha pegada. É coma unha lousa limpa. Tes un pau na man. Ou quizais non. Só tes os teus dedos. Agáchaste. Non sabes que debuxar. Non queres estropear a area,  aínda que se miras ao lonxe, podes ver que hai moita praia. Moita area sen pisar. Entón decídeste e pintas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios