Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contos mariñeiros

Autor e director: Pepablo Patiño Peña

Elenco: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas

 

A Bestarruza foi a pique cando faenaba no Ortegal... A filla dun dos mariñeiros non pode durmir á espera do bico do seu pai... Decide saír na súa procura, abordo do seu barquiño... ou cama...soño... Unha viaxe que a levará por distintos faros da costa galega e coñecerá estrañas personaxes que a guiarán ata a Arriola verde...

 

Galego

3, 2, 1

Autor e director: Pepablo Patiño Peña

Elenco: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas

Teatro Ghazafelhos presenta nesta ocasión un espectáculo de teatro xestual, acompañado da manipulación de monicreques.

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamen chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentementos que xamais sospeitarian ter.

...3,2,1... É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará ao corazón.

Galego

Fábula galénica

Autor e director: Ignacio Vilariño

Elenco: Luis Iglesias e Ignacio Vilariño

Narrado coma se dun programa de teatro radiofonico se tratase, cóntase como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo de construírse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna.

Galego

Un juguete para Margarita

Autora: María Fernanda Cosín

Dirección: Fefa Noia

Elenco: Almudena Ramos, Mercedes Lur, Fael González.

 

Ante a visión das Meninas de Velázquez, unha pequena acompañada pola súa tía comeza unha intensa, emocional e artística viaxe na procura do xoguete que poida alegrar a triste expresión da faz da infanta Margarita. Un copista do Museo acompañaraas no seu percorrido a través dos cadros máis importantes do Museo do Prado.

 

Espectáculo avalado polo Museo do Prado.

 

Galego

Meu Ben

Autora: Elaine Murphy

Dirección: Álvaro Lavín

Elenco:  Elina Luaces, Rocío González, Mercedes Castro 

 

Amor, sexo, un nacemento, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario.

Galego

Aurora

Esta creación mistura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ó redor das linguaxes  visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso.

Aurora é a historia do encontro dun aviador coa raíña das coruxas, que coma todas as coruxas, lle gusta mais a noite que o dia. Cando escurece, sintese mellor que nunca. Voa de un lado para o outro, axita as ás e asubia como o vento. Pero ao mencer, enchese de tristura. O sol queima a súa pele e cega os seus ollos.

Galego

Nuncabunga

Autores: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Elenco: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras adicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construiu o seu fogar. As súas actitudes e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fora. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo?

Galego

Peza documental teatral

Autores: Esther Arribas e Matías Daporta

Elenco bailaríns: Matías Daporta, Esther Arribas, Maciej Sado e Nicolás Rosés.

Sinopse: Se fose eu o asasino, a quen mataría? É un manifesto cultural, unha forma de traer algo, para expresar a distancia e diferenza cultural nun contexto como se amosa no teatro en Amsterdam, conducida a través da linguaxe e humor. 

Galego

Amadú

Autores: Carlos Clemente e Begoña Rosende

Dirección: Carlos Clemente

Elenco: Carlos Clemente

Esta historia relata a vida dun neno chamado Amadú, que vive nunha aldea de África, moi similar ás aldeas galegas ou doutras aldeas do mundo..

Amadú é un neno que fala no ventre da súa nai. A nai cóntalle que hai unha bruxa que enfeitiza e

ten poderes máxicos e que a fonte non daba auga e devorou a todos os

homes que foron a loitar contra ela. Entón o pequeño Amadú emprende unha viaxe

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios