Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os novos músicos de Bremen

Inspíranse nos catro persoaxes do conto popular, pero a historia vai por outros derroteiros narrativos coa aparición doutros que fan que os nenos e nenas empecen a familiarizarse con determinados conceptos musicais. O Obxectivo primordial é criticar o abandono animal e concienciar que as mascotas da casa forman parte das nosas vidas, como un membro máis da familia. Os temas cantados en directo son un vínculo entre a historia e os pequenos e pequenas. Ademais, descubrirase a algunha futura estrela da canción nunha selección de cantantes nun momento da representación.

Galego

As fabulosas viaxes de Wilson e Fabrice

“As Fabulosas Viaxes de Wilson e Fabrice” é un espectáculo teatral para público familiar de 50 minutos de duración.

Os profesores Wilson e Fabrice son dous zoólogos que viaxaron por todo o mundo recollendo historias populares protagonizadas por animais. Mister Wilson é o encargado de contar as fábulas mentres Monsieur Fabrice ilustra os contos con debuxos feitos sobre area. Unha gran pantalla de vídeo no escenario permite ver ao público a evolución das ilustracións. Música e sons ambientais completan a posta en escena.

Galego

Decamerón, historias para tempos ruíns

Nos tempos críticos, como os actuais, o alivio do humor é máis necesario ca nunca. Así era no século XIV, tempo de pestes e andazos, cando Boccaccio escribiu os tan célebres como divertidos contos do Decamerón. Así é hoxe, con esta adaptación para o teatro e a palabra. Unha actualización escénica para un tempo no que outras pestes e andazos nos ameazan. Un espectáculo a unha soa voz, como facían os xograis e bululús de entón e como fan os cómicos populares de agora. Unha voz actoral acompañada: música orixinal, deseño lumínico e sonoro, videocreación, escenografía...

Galego

Antía, Wamba e o regato pequeno

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.

Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

A Tropa de Trapo volve cun novo espectáculo de narración oral e musical logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas.

Galego

Fusión

O último espectáculo creado polo novo mago Daniel Polo. É o sono dun neno feito realidade.

Tras anos de aprendizaxe na Escola do Mago Rafa, un dos magos máis prestixiosos do Estado, o seu pequeno discípulo Daniel Polo acada o sono de compartir o escenario co seu mentor. Este espectáculo é un exemplo de compenetración e sincronización máxica entre os dous artistas. Unha fusión que as veces trasmite a ilusión de ser a mesma persoa.

 

 

Galego

Ledicias

Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretender sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.

 

 

Galego

Antía, Wamba e o regato pequeno

Son catro historias que serven para facer reflexionar, a grandes e a pequenos, sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos aportar os uns aos outros. Catro contos na boca de Wamba, un mozo do Congo que un día tropezou con Antía, unha nena galega, e xuntos descubriron que podían compartir moito máis do que pensaban.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios