Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Celestina, la tragicomedia

La Celestina escríbese durante o reinado dos Reis Católicos, en pleno cambio de época histórica, cando a Idade Media dá paso ao Renacemento con todas as transformacións políticas, sociais e económicas que conleva. Con esta obra iníciase o Século de Ouro, de feito a Traxicomedia que contén un engadido notable ao texto da Comedia inicial. Publícase a comezos do século XVI. Trátase da segunda obra literaria en importancia escrita en lingua castelá, tras o Quixote, e por tanto o cume da nosa literatura dramática.

Galego

Bravas. O rexurdir da luz

Premio Martin Codax da música 2018 a mellor grupo infantil.

A Gramola Gominola é un grupo de música rock para o público familiar, que presenta o novo libro/cd editado por galaxia, na súa colección Sonárbore a partir de abril 2017.

No novo disco o grupo sigue apostando polo rock e se posiciona como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar.

Grandes temas que a partir de agora poderedes escoitar nas voces dos vosos fillos, como xa fixeran con a Fábrica de Carmela, Pita Récords, e moitos máis.

Galego

As que limpan

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Galego

Asdomare

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Galego

Último verán en Santa Cristina

Último verán en Santa Cristina, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea.

Galego

As Alumnas

 Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Galego

Arrolando as frores

..."Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un geranio''

O resto da historia soubena despois pola súa sobriña, que deu permiso xunto coa familia para falar de O Señorito, que foi o nome que lle deron ao geranio...

*Arrolando as frores'' é unha nova sesión de narración oral e música para público adulto da man e voz de Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Falaremos do aborto, cantaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namoraremos das flores e  transplantaremos a alegría.

Galego

Tilintilonia

Sinopsis: Presentamos un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo. 

Visualmente entramos nun mundo de ensoñación grazas as teas , e ao que estas suxiren,  son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra. 

Galego

Apart en concierto

Apart nace no 2014 despois de que un grupo de amigos se xuntasen para gozar xuntos da súa paixón en común. Gravar sesións no estudo, compoñer cancións e por suposto facer bailar ao público en concertos en directo. O grupo defínese como unha banda de rock-indie influenciada por sons característicos dos 70´s como o soul, o música disco e o rock máis clásico.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios