Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Esas cousas marabillosas

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida.
É unha comedia que fala sobre a saude mental, a depresión e o suicidio.
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para bén.

Galego

EM-NA

“Onde comeza o noso toque, estamos.

Estou.

Estás.

Estamos?

É unha ocupación da realidade, unha conquista.

Procura os rostros coñecidos.

Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.

O corpo habitado.

O corpo enigma.”

A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

Galego

El diablo en la playa

No principio foi o caos.

Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións.

O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia.

Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro.

Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar.

O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar.

Galego

Do pracer e da morte

Nesta peza con tinturas oníricas e mesmo surrealistas por momentos entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou El Bosco e as súas delicias inclasificables.

Tres planos que se superpoñen por momentos e noutros se afastan para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de saciar as angueiras, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo d’A Feroz.

Galego

CUBO

C U B O é un espectáculo de teatro de movemento para público infantil e familiar. En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. C U B O fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar. 

Elenco:María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Galego

Cris, pequeña valiente

Esta é a historia da pequena CRISTINA, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno.

Ela nunca sentiu neno. Desde sempre sentiu nena e así llo fixo saber aos seus pais desde moi pequeniña.

CRIS, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, risueña e intelixente, que loita polo seu dereito para ser a persoa que é e sente. Desexa ter un futuro repleto de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse, como calquera outra nena da súa idade.

Dedicado a todas as persoas transxénero do mundo.

Galego

Continente María

Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.

Galego

Constantes do porvir

Un dejà-vú do que aínda non sucedeu, un espazo temporal para mergullarse nas nosas intuicións sobre o futuro.

Constantes do porvir busca atravesar os desexos e intuicións da nosa sociedade en relación co tempo que está por chegar, busca estruturar un ensaio sobre o que descoñecemos pero que empezamos a albiscar, busca establecer pontes temporais co noso mañán, busca, en definitiva abrir unha xanela aos nosos anhelos e inquietudes en relación con ese tempo no que nos proxectamos como sociedade, como unha viaxe de aproximación aos nosos desexos afastados e probables.

Galego

Conexións Có(s)micas

Conexións Có(s)micas enlaza premisas que non se conectarían en ningún outro cerebro.... ata que chega Diana!
Gayoso e Madonna? Benetton e o Carnaval en Cabo de Cruz? A trascendencia e os chocapics?
Unha hora de humor absurdo onde non faltan referencias á vida cotiá, feito coa enerxía dunha muller brava nacida á beira do mar.

Galego

Chuches Amil en concerto

Chuches Amil presenta un espectáculo no que cada canción é un soño e cada soño é unha canción, do dereito ou do revés. Todos os membros da familia están convidados a disfrutar de diferentes xeitos de abordar o mundo dos soños e dos contos nun percorrido pola música máis actual feita en Galicia para gozar en familia

Un setlist cheo de éxitos dos albumes: Un conto ao revés (2015) e Monstros, con ou sen consentimento (2018).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios