Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Amantis

AMANTIS conta a historia de M. Un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.

Galego

BACKUP. A Resurrección de Nuno

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo felecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Galego

A Queima da fachada

UN ESPECTACULO ONDE SE COMBINAN DE FORMA MAXISTRAL RUTINAS DE LUME, CON ACROBACIA, E DANDOLLE MOITA IMPORTARCIA AS LUCES E A PIROTECNIA FRIA. PURO DINAMISMO E ACCIÓN DURANTE TODO O ESPECTÁCULO. IDEAL PARA TÓDOLOS PUBLICOS.

Galego

A meiga da fonte

Silva vive nunha fonte da Coruña que concede desexos á xente de bo corazón que

bebe dela. Cada ano a fada Pupeiriña, cuxo maior desexo é ser a primeira fada

influencer, axúdaa a conxurar un meigallo que permite que a fonte continúe a ter

poderes. Non obstante o malvado Lambirón envelena a auga e secuestra a Silva. Pupeiriña,

coa axuda do Diantre e dos nosos espectadores, terá que reunir todos os

ingredientes do meigallo e atopar a Silva antes da medianoite para executar o

conxuro e salvar a fonte.

 

Galego

30 anos cantando con Migallas

Migallas Teatro celebra os 30 anos facendo e cantando música infantil en galego cun divertido e variado concerto para público familiar. Nesta ocasión, conta con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura, e Borja Garcíae Isi Baúlo, que acompañarán a María Campose a Carlos Yusno escenario.

Galego

A parábola do angazo

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

Galego

Só.

Un personaje obsesivo, cuadriculado y meticuloso. Un ser único en su especie rodeado de un sin fin de cajas que escapan a su control y con las que juega para dar forma a su mundo. Del caos surge un universo delirante donde inventa la risa, creando una locura cómica y transformándose en un nuevo ser con una nueva figura.

Galego

Circo na casa

Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?

Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!

Espectáculo de circo e clown en favor da igualdadede xénero para concienciar na colaboración das tarefas domésticas dunha forma diferente e divertida.

Reestreado na súa nova versión definitiva en agosto do 2022

 

Galego

El rey León, el tributo de Simba a Kiara

A interacción co público, as espectaculares voces en directo, unha gran posta en escena e atractivas coreografías; ademais dunha presentación moi divertida cos nosos mestres de cerimonia, aseguran unha experiencia inesquecible. Poderán escoitar todos dos temas do Rey León 1, 2 e 3, algúns xamais cantados en España

De Simba a Kiara representa un produto familiar de referencia; e o mellor tributo do Rey León en España percorreu nos seus tres primeiros anos en xira máis de 300 cidades, superando os 600.000 espectadores e o recoñecemento de público e crítica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios