Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

No país do vento

No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visita

Galego

“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.  

Galego

Natanam

Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Neste espectáculo de danza contemporánea vemos a dous intérpretes, dous amigos, dous cómplices que se atopan nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. Un cuarto de xogos pode ser unha praia, pode ser un deserto, pode ser o mar. E tamén? cando estamos sós, poden ser moitos mundos.

Galego

N.E.V.E.R.M.O.R.E

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.

Galego

Morte accidental dun anarquista

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.

Cunha sátira implacable chea de humor, Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do “escándalo”.

Galego

Mortais e vulnerables

Mortais e vulnerables é o segundo solo de Nuria Sotelo. Despois de 11 anos da aparición do seu primeiro solo, Métanse nos seus asuntos, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerable ven marcar a transformación en Furia Sotelo. Esta peza de danza contén o paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva.

Galego

Morgana en Esmelle

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente? Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións?

Galego

Leonardo e os biosbardos

Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.

Entretanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.

Galego

Lázaro

LÁZARO é unha adaptación libre do clásico español O Lazarillo de Tormes. É a mesma historia universal que todos coñecemos. Case. Lázaro comparte a súa historia e a súa litrona. Conta como vai cambiando de amo, pero os amos do século XXI non son os mesmos que os do XVI. O espabilado, tráese ao seu colega Marco, que fai música. Xa que nos conta as súas penas, polo menos que teñan un pouco de flow.

Actor: Roberto Hoyo

Músico en escena: Marco Ferreira

Galego

Hotel Europa

Benvidos ao HOTEL EUROPA, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.

Un berro, unha chamada na noite e unha chea de sospeitosos...  Dona Remedios, dona e alma do centenario Europa, aparece morta  en estrañas circustancias. A lupa porase sobre  a variopinta clientela para tentar responder a pregunta:  quen matou a Dona Remedios?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios