Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Home orquestra

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Galego

Música Miúda en concerto

“Música Miúda” é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez. Neste proxecto mesturan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua. Veñen de publicar o seu primeiro libro-disco, "Cambia o conto" (Galaxia, 2022).

Galego

Xira 30 aniversario

Os Carunchos nace a  finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.

Galego

Camiños do fado

O dúo formado por Iria Estévez e Gonzo Piña leva varios anos de exitosa andaina, nos que mostraron o seu traballo de versións e temas propio, actuando en todo tipo festivais, actos culturais e salas de toda a xeografía peninsular.
Actualmente presentan en directo o proxecto Camiños do Fado; un concerto no que experimentan cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega e a música brasileira, entre outras, ofrecendo unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais.

Galego

De Amália a Chavela

Cantante galega, especializada en fado e músicas de raíz, que conta  cun amplo percorrido no ámbito musical, tanto como intérprete como  creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou   Arifi (gañadores do Burgos, raíz  e evolución, 2017), presenta “DE AMÁLIA A CHAVELA”emotivo espectáculo, a música convértese no ponte que une a dúas lendarias figuras femininas: Amália Rodrigues e Chavela Vargas. Estas artistas desafiaron convencións sociais e culturais, deixando un legado perdurable na historia da música.

Galego

Concerto acústico duo

Dani Royo presenta unha proposta de concerto acústico intimista, dirixida a todos os públicos. Ao longo do espectáculo con cancións que son pura verdade e van directos ao soul, presenta o sinxelo inédito de Antonio Flores oh mi sol! coa colaboración na coautoría das letras. En cada un dos seus concertos vivirás unha auténtica montaña rusa de emocións e sensacións.

Galego

O mellor e o peor dos 80 e 90

Baixo o lema "O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto" Carta de Ajuste articula un show no que a comedia e a música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do oínte en todo momento e envolvendo ós asistentes nunha festa fóra do común. Facer ó publico protagonista en cada concerto retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música.

Galego

Concerto

Castro y Los Escoltas, é o proxecto persoal do guitarrista Miguel Castro. Nace no sur de Pontevedra durante o confinamento, coa idea de facer rock nun sentido amplo. Abrangue estilos desde rock clásico ata soul ou sons máis densos.

 

Os seus compoñentes son veteranos no panorama galego. Foron ou forman parte de proxectos como The pretty shirts, Gold&Colt ou Pegas Negras.

 

Galego

O cine soa ben

Dende 2013, Caspervek é un dos referentes europeos no panorama dos cine-concertos, destacando como unha das poucas bandas a nivel continental dedicadas exclusivamente á composición e interpretación en directo de películas mudas.

 

O grupo sempre apostou pola importancia de programas educativos específicos que acheguen o cinema antigo ás novas xeracións, ofrecéndolles a posibilidade de comprendelo e asimilalo nun contexto divertido e interactivo.

Galego

Concerto

Gold and Colt, son un dos principais referentes do folk americano en Galicia, a súa música é unha mistura entre o Delta Blues e o Country que faranos viaxar o outro lado do Atlantico. O sonido dos seus enerxicos concertos non deixará indiferente a ninguén.

 

Na actualidade os compoñentes da banda son: Álvaro Vázquez (guitarra e voz), Roberto Fernández (guitarra, dobro, cigar box, coros), Juyma Estévez (contrabaixo, coros) e Noli Torres (batería)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto