Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xira 2024

A Roda é un conxunto representativo da música popular galega, a música dos nosos cancioneiros, unha música que forma parte do imaxinario galego e do noso patrimonio inmaterial.

O concerto do grupo A Roda, pretende promocionar o coñecemento “vivo” da canción popular galega así como fomentar o uso da lingua e a súa dinamización. O espectáculo é integro en galego.

Galego

Ailá

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.

Galego

Carta Aberta. Tour 2024

Nesta xira, Antía Muíño, un dos fenómenos da nova canción galega, continúa presentando "Carta Aberta", o seu álbum debut. Un concerto que viaxa por climas que van dende o jazz vocal ou a canción alternativa de autora á música tradicional. En formato trío, Antía á voz e guitarra vai acompañada de Miguel Arribas ao teclado e o saxo e de Ton Risco ás percusións.

Galego

Zugunruhe

Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed sempre tivo moitas funcións mais, no corazón, de todo o que fai é ante todo un artista e un gran músico.

Galego

Sons barrocos

O grupo AFECTO Y DESDÉN, formado pola soprano lírico- lixeira Gemma Román, Vitor Blanco acompañando ca arpa e a guitarra barroca, Uxía Delgado ca tiorba e a guitarra barroca e Pablo Ruibal coas violas da gamba, presentan neste programa e de forma didáctica, unha escolma de cancións e danzas populares na escea Barroca do século XVII en España e Italia.

Galego

De festa en festa

Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-­didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal. 

Galego

Chulísima

En Chulísima Aldao e Lado volven empregar a retranca, o humor, a poesía e a música para achegar a quen desexe atreverse a nosa lingua. Durante o espectáculo contamos a historia do galego como nunca cha contaron, moi rápido, moi claro e con bastante sentido do humor. E intentamos desmontar algún dos prexuízos que algunhas persoas usan como escusa para non dicir as súas primeiras frases en galego. Non é unha palestra sobre a historia da lingua, nin unha análise científica sobre a súa situación actual. Nin sequera é un espectáculo didáctico. Pero seguro que descobres cousas.

Galego

Concerto

Alana é un grupo que xorde no ano 2023 co obxectivo de poñer en valor a música tradicional galega. O proxecto trata de mesturar a música tradicional con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. 

A súa música parte de recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresadamente axudan a coñecer e preservar a riqueza da música e da tradición. O estilo de Alana vén moi marcado pola importante presenza no directo das percusións tradicionais, asi como melodías que nos invitan en todo momento ao baile. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto