Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concerto “X+I”

MJ Pérez celebra o seu 10º aniversario cunha xira especial “X+I”, na que fai repaso dos temas máis destacados da súa traxectoria ata os últimos lanzamentos como é o seu single “Barco á Deriva” (2024). A artista arzuá, ofrece neste espectáculo unha auténtica viaxe de sensacións e estilos, pois vai dende o pop-rock ata a música portuguesa, pasando por ritmos latinos. Se algo destaca desta autora é a súa versatilidade á hora de xogar cos diferentes estilos, mais sen perder a esencia que a caracteriza.

Galego

Xira Bacana

XIRA BACANA é o primeiro espectáculo de Banda Bacana, unha banda de nova creación formada por 8 músicas galegas de recoñecido prestixio e ampla traxectoria enriba dos escenarios.

Os ritmos de raíz afrolatina mestúranse coas letras de poetas galegas, portuguesas e sudamericanas para ofrecer ao público un concerto no que poder bailar, desfrutar e vivir en directo a unión das culturas de aquí e alén do Atlántico.

Galego

Concerto

Eles defínense coma uns rapaces dos anos 90 que creceron escoitando a grupos como Berrogüetto, Milladoiro e infinitas cancións de infinitos estilos musicais. Por iso, defenden a mú- sica feita de raíz e a creación contemporánea que pon en valor a tradición. Teñen os pés na terra pero a súa mirada é completamente global, xa que buscan sons diferentes de todas as partes do mundo e sen prexuízos. As súas influencias van desde as músicas do Magreb ou o rock saharaui ata as melodías cubanas.

Galego

Concerto

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportandolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. 

 A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos. 

Galego

Pasarrúas

Tanto nos Ten leva máis de 15 anos formando parte da escena musical galega. Empregan con maestría as voces e os instrumentos tradicionais como as gaitas, o clarinete, o acordeón, o tamboril, o bombo con pratos, a pandeireta ou as cunchas. Instrumentos aos que fana falar coa súa súa sempre propia e festeira linguaxe. Pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables conforman o que o grupo chama ‘música tradicional furtiva’. Con este pasarrúas animan calquera romaría, festa e celebración que se lles poña por diante!

 

Galego

Julia Villarroel

Concerto de guitarra clásica a cargo de Julia Villarroel.
Julia Villarroel é unha brillante guitarrista clásica natural de Guayaquil (Ecuador) que se formou en Vigo e Alemaña, onde actualmente reside e traballa. Na xira 2024 por diferentes localidades españolas está presentando un traballo sobre o compositor e compatriota Luis H. Salgado (1903-1977), do que publicou un traballo discográfico recentemente con transcricións para guitarra propias. Ademais poderemos escoitar algunhas das obras máis virtuosas do repertorio guitarrístico de todos os tempos. 

Galego

XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Estas son as datas e o resumo do programa. Pódese ver máis información polo miúdo do programado para cada día nesta ligazón. Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.

Galego

Foyone

Foyone regresa aos escenarios o seu sexto álbum “DEMONI”. Un traballo vangardista, no que o malagueño sae da súa zona de confort para desvelar sons máis complexos. Un sopro de aire fresco na escena española na que Foyone redefínese tras 10 anos de carreira no panorama urbano; quen agora mostrará aos seus fans nun directo inédito.

Galego

I Festival 'Aquí tamén se fala'

O IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña, situado na confluencia dos barrios da Agra do Orzán e Labañou, presenta o primeiro festival de música en galego da cidade. Aquí tamén se fala pretende ser unha xornada de música e festa programada pola mocidade e para a mocidade. E xorde dun instituto que acolle alumnado de barrios en continua transformación demográfica, tremendamente diversos e que brindan oportunidades inmellorables para a dinamización cultural e lingüística.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto