Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Simplicissimus

Simplicissimus, a primeira revista musical infantil e familiar, introduce ao espectador nun universo particular, onde a danza se une co teatro, os monicreques ou a acrobacia, nun divertimento cheo de ritmo, luz, fantasía, imaxinación e cor.

Un cóctel de pluma e pedrería onde todo é posible.

Galego

Por que é salgada a auga do mar?

A Tripulanta Rías (Tero Rodríguez) e o Tripulante Norai (Lucho Penabade) son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades do lugar onde se celebra o espectáculo.

Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levando consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos…

Galego

Bubble Sister

Pompas de xabón xigantes, maxia, música en directo, malabares, todo ben aderezado con humor e poesía.

Unha historia entrañable entre unha nena e unha boneca, Bubble Sister, que lle fará abrir os ollos e rexeitar os canónes estéticos impostos por unha sociedade clasicista e ás veces machista, dunha forma divertida, viaxando a través do onirico mundo das pompas de xabón.

Galego

A Historia de Brancaflor

Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown cóntase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse co seu respectivo xogo de maxia e ela terá que seleccionar ao seu noivo ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.

Os Sete Magníficos máis Un propoñen un espectáculo de animación á lectura dunha maneira distinta: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.

Galego

Antía, Wamba e o ritmo do camiño

Brais das Hortas e a Marta Ortiz son dous magníficos contadores, que nos levarn a vivir aventuras por África da man de dous amigos inseparables e tamén da man da música feita con moitos aparellos domésticos reciclados.

Dirixida ao público familiar, esta montaxe de 50 minutos trae novas aventuras de Antía e Wamba. 

 

As persoas que desexen asistir poden recoller a súa invitación na Casa da Cultura de Cambre, na Biblioteca e no Museo de Cambre.

 

Galego

Panamericana

Ficha artística:
Creado e interpretado por Areta Bolado,
Noelia Castro, Ailén Kendelman
Idea orixinal e texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Construción de monicreque: Iria Roibás Esteve
Iluminación: Montse Piñeiro
Deseño vestiario: Uxía P. Vaello
Confección: Vaello
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Pilar Abades e Illa Bufarda
Asesoría en movemento: Laia Oliveras
Asesoría en manipulación de monicreque: Alba Grande

Galego

Jim e a Illa do Tesouro

Ficha artística:
Autoría: Jokin Oregi
Dirección: Álex Díaz Monsalve e Javi Tirado
Tradución: Sandra Romarís e Xocas López
Escenografía e monicreques: Javi Tirado
Iluminación: Anxo Graña
Son: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane
Música: Santiago Ramos
Elenco: Rocío González e Toni Salgado
Voz en off: Alfonso Agra
Deseño Gráfico: Le Gráfica
Produción: Mercedes Castro

Galego

Regueifesta

O proxecto ten como obxetivo impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova, instrumento para desenvolver habilidades linguísticas, recurso para estimular a creción musical e para o tempo libre da mocidade. No acto participará alumnado dos dous centros de ensino e mais os professores Manolo Maseda e Séchu Sende, e contará coa colaboración das regueifeiras Alba María e Sara Marchena. Ademais, no acto haberá lugar para diferentes sorpresas que vincularán este proxecto educativo co mundo sociocultural e musical actual.

Galego

Mark Olson

Mark Olson, fundador, cantante, guitarra e co-autor dos éxitos da banda The Jayhawks presenta en España Good Bye Lizelle, o seu revelador álbum de 2014, xunto con Ingunn Rongvold e o gran harmonicista español Juan Blas Becerra. Na capital de Galicia faino dentro do ciclo Sons. .

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo