Memorias dun neno labrego
Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
Miranda Celia do Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada finaliza na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.
Comedia musical que forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Taller de teatro e representación da obra Don Juan coa compañía Voadora e persoas da Residencia Torrente Ballester da Coruña.
Un elenco formado por entre 18 e 22 persoas maiores de 65 anos.
Non é preciso experiencia teatral. Durante 12 días traballarán en conxunto cos integrantes da compañía Voadora: Marta Pazos, Hugo Torres e Jose Díaz e cun equipo de apoio formado por rexedores, tramoias, técnicos de luces e son.
Europa na casa é unha performance que podes levar na túa equipaxe de man.
Que é a Europa en realidade? É unha fronteira xeográfica, unha identidade cultural, unha coalición de estados? Dise máis e máis que Europa é unha idea que sempre está mudando, como o individuo pode dicir da súa propia experiencia. Rimini Protokoll contrasta esa idea abstracta de Europa coa individualidade dun apartamento privado. 15 persoas forman parte dunha performance nunha sala de estar que entrelaza historias persoais e os mecanismos políticos de Europa.
Pa cama é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambiente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran.
A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nun castelo onde nada é o que parece.
Espectáculo infantil de Teatro dos Ghazafelhos para a Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
O pequeno león aspira a ser rei da Sabana, polo que emprenderá unha viaxe chea de perigos xunto á súa compañeira. Pronto descubrirá que as cousas non son tan fáciles como parecían e que ser o Rei de todos os animais non é tarefa fácil. Con todo, coa axuda duns amigos moi especiais logrará salvar ao rei dunha morte segura e reclamar un trono que en realidade correspondíalle. E é que nos novos tempos, a forza non é o máis importante.
Rodrigo Cuevas conduce ao público polos seus itinerarios musicais sempre en terreos fronteirizos. Pásase do cabaret ao folk atlántico, da música étnica ao bollywood e logo ao dance, ou dos 80's á copla española. E é que Rodrigo desafía os camiños intuitivamente lóxicos. Velo cantar cantiga asturiana con movementos de danza do ventre, corpo de leñador e mirada de diva de Hollywood é unha experiencia de transciende e transgrede .
Coa música como fío condutor e coa imprescindible colaboración do público iranse debullando historias de Nadal pensadas para cativos de 2 a 5 anos e as súas familias.
O anecdotario persoal de Isi ficcionalizado para facernos rir coas historias máis divertidas do Nadal.