Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A miña primeira viaxe

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores. 

Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes. 

Galego

Citizen

Chévere recupera para a súa difusión estatal e internacional a primeira parte do proxecto Citizen, a que foi o xérmolo de toda a historia, a que non depende de ter visto as outras, a que recibiu os eloxios máis entusiastas e unánimes e a máis transportable en tempos de crise.

Citizen é teatro de texto. De actor. É teatro documental. Performance. Comedia. Audiovisual. Pero sobre todo, é teatro. Un xogo entre o que pasa de verdade no escenario e o que a compañía dubida se pasou ou non nas nosas vidas. É o que para Chévere significa facer teatro aquí e agora.

Galego

Magosto no Gaiás

A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.

Galego

Sons miúdos

O espectáculo de música infantil galega Sons Miúdos é unha montaxe que reúne enriba do escenario aos máis importantes músicos e cantantes do panorama actual infantil galego.

Galego

Un Juguete para Margarita

Ante a visión de "Las Meninas" de Velázquez, unha nena acompañada pola súa tía inicia unha intensa, emocional e artística viaxe na busca do xoguete que poida alegrar a expresión triste do rostro da infanta Margarita. Un copista do museo acompañaraas no seu percorrido a través dos cadros máis importantes do Museo del Prado.

A finalidade coa que naceu este espectáculo é para dar a coñecer a importancia do Museo del Prado e por en valor a súa utilidade e a función social que cumpre, considerandoo como a casa onde reside a arte e a memoria.

Galego

Encontros dos Axóuxeres

Os Axóuxeres son o encontro da xente miúda da casa co teatro, coa música en directo... coa lingua de noso. Cada Encontro dos Axóuxeres, de aproximadamente 40 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos bebés e cativos de ata 6 anos un espazo onde desfrutar e onde abrirse ao mundo en galego , unha experiencia sensorial e lingüística que lles permitirá aprender e levar para a casa divertidas cancións e xogos.

Galego

Reconto de Danos

Reconto de Danos é una peza de nova creación executada pola creadora Amparo Malo.
O que un quere ser e acaba sendo, materializado no corpo dunha bailarina de ballet.
Este é o eixo central arredor do cal xira esta hibridación de teatro, danza, cabaret e performance. Nace da intención de espertar no espectador un estado emocional xerado por imaxes de impacto.

Galego

Filosolfando

Luís Iglesias e Xabier Deive soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, en grao sumo mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle sucede a calquera, mesmo a un don ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non outra.
A filosofía proclama iso de que un ser humano "pensa, logo existe", pero,... de verdade facemos unha cousa antes ca outra?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo