Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ju Young & Martín Otero en concerto

Ju Young e Martín Otero coñécense nos Países Baixos estudando jazz no Conservatorium van Amsterdam. Ambos comezan a actuar xuntos en diversas agrupacións ata que posteriormente forman un dúo co que seguirán actuando en cidades como Ámsterdam e Leiden. Nesta formación exploran as posibilidades dun repertorio jazzístico cun enfoque máis intimista e persoal, dando espazo a outros estilos musicais e, por suposto, a composicións orixinais.

Galego

Clarence Bekker Band

Clarence Bekker ten o don de tocar a alma de quen lle escoita. Mediante a súa voz profunda, vibrante e un espírito cargado de enerxía, cativa transversalmente a calquera audiencia de xeito total. Ninguén pode manterse impasible ante o seu magnetismo. A forza de grandes mestres do soul, funk e pop como James Brown, Prince, Whitney Houston, Michael Jackson ou Tina Turner están concentrados na súa figura.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Kathrine Windfeld Big Band

O outorgamento do Letter One Rising Stars Jazz Award (Londres, 2020) suscitou interese internacional por unha traxectoria que medrou gradualmente ata volverse movemento imparable. Eloxiada pola crítica sueca e danesa con entusiasmo reservado ós acontecementos inusuais, a súa sona como compositora, arranxista e directora de grandes formacións está chamada a propagarse e conquistar continentes enteiros nos próximos anos. A principios do 2014 en Copenhague, creou a Kathrine Windfeld Big Band, que integran quince músicos escandinavos xoves e brillantes.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Henri Texier Quintet

Henri Texier é todo un ídolo do jazz francés das últimas cinco décadas. A súa carreira é unha das máis emblemáticas e ricas dos músicos de jazz europeos. Símbolo dunha xeración desinhibida e ávida de experimentación, o contrabaixista e compositor foi o catalizador inesgotable de multitude de aventuras musicais, desempeñando un papel decisivo nas mesmas pola súa capacidade para unir enerxías creativas e anima-las novas xeracións de músicos europeos.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Valentín Caamaño Quartet

Presentación do disco All The Gods, cuxas composicións, a excepción de unha, resultan da inventiva dos seus autores (temas compostos por Valentín Caamaño e Alfonso Calvo —un—). «Caamaño es un músico versátil, con una forma de tocar llena de color y swing… un músico de otra época, un Pat Martino actual que recuerda a Tal Farlow en algunos momentos» (Félix Amador Gálvez, Jazz, Ese Ruido, 2015).

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Billy Cobham Band

Billy Cobham é un dos baterías que máis influíu na forma de tocar este instrumento desde os anos setenta. Enriqueceu a técnica da batería jazz, trasladouna con enerxía ó campo do jazz rock e transformouse nun modelo para moitos baterías de ambos xéneros. No 1969 Cobham foi cofundador do combo de jazz rock Dreams, que incluía a Randy Brecker, Michael Brecker, Horace Silver, George Benson, John Abercrombie, Don Grolnick e Will Lee.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz