Xacobe Martínez Antelo Trío
Novo traballo do contrabaixista galego, neste caso en formación de trío, articulado sobre composicións orixinais de Xacobe. Todas as composicións, así como a produción, corren a conta de Martínez Antelo, que controla todos os cabos. O que noutras formacións, como Sumrrá, se adiviña que pode vir da súa achega, aquí queda perfectamente definido. Ten Martínez unha pulsación potente que lle gusta coordinar perfectamente coa batería, que produce continuamente unha sección rítmica implacable, denominador común do chamado jazz nórdico (non de España senón de Europa).