Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

6 Mulleres

O contrabaixo de Xacobe Martínez Antelo, o piano de Manuel Gutiérrez e a batería de L.A.R. Legido continúan, da man do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, a xira que se vira interrompida en marzo pola crise da covid-19.

Galego

Golden Duo

Concerto en directo a través de Facebook Tv e Instagram Tv de Golden Duo, formado pola cantante Laia Vila e o pianista José María Argibay. Ofrecen un espectáculo intimista e emocionante a través do piano e a voz. O seu espectáculo inclúe unha coidada selección de clásicos do soul, blues, jazz e bossa nova. Interpretan cancións dos anos dourados que marcaron unha época, co obxectivo de crear un ambiente elegante e distinguido para cada un dos momentos do evento.

Galego

Xan Campos Trío

Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Despois de case 15 anos xuntos sobre os palcos, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

Galego

Son Trío en concerto

Son Trío está formado por Su Garrido Pombo (voz), Katerina Linke (piano, composición) e Susanna Blanco (cello), e presentamos o proxecto musical Miña almiña baseado nas letras de Rosalía de Castro e música orixinal.

Co lanzamento do noso disco Miña almiña, estamos a ofrecer una xira por Galicia co obxectivo de chegar ao máximo de lugares posibles. Coa nosa presenza na escena galega poñemos en valor a calidade musical independendemente do noso xénero, e promovemos o uso da lingua galega ofrecendo un proxecto 100% nese idioma.

Galego

Pablo Sanmamed Trío

Comenza a funcionar no 2015, presenta un repertorio integrado por composicións propias.

Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares sobre temas de composición ou versións , buscando distintos puntos de vista dentro da sonoridad do trio standar ( piano, contrabaixo e batería ), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de world music.

Formación:

Yago Mouriño: piano

Pablo Sanmamed: contrabaixo 

Bruno Couceiro: batería

Galego

Inés Carreño en concerto

Presentación de Llanto, risa y calma, primeiro traballo discográfico de Inés Carreño, unha selección de
cancións de diferentes estilos como: música tradicional, cancións latinas ou standadrs de jazz,
cantado en diferentes idiomas que inclúen: galego, español, italiano e inglés.
A canción que dá título ao disco é unha composición propia, que está inspirada na súa vida e na
incrible experiencia de ser nai. Unha canción con tinguiduras sonoras do blues e música do sur de
España.

Galego

David Regueiro Trío en concerto

"La guitarra de Regueiro suena ágil en su improvisación, con fraseos bien articulados"

Pachi Tapiz (Tomajazz)

"Un resultado verdaderamente delicioso […] Un salto cualitativo en la carrera de David Regueiro […] Los arreglos están hechos con muchísimo gusto. Es un disco que se saborea y se disfruta de principio a fin"

Sergio Cabanijazz (Universos Paralelos)

“David Regueiro con sus amigos, ha hecho un disco realmente bonito, pero bonito de en el sentido literal de la palabra”

José Miguel López (Discópolis RNE)

Galego

Comando Radar en concerto

Nado en Vigo en 2016, Comando Radar, plantexa unha proposta de concerto a modo de improvisación conducida, tan arriscada como cautivadora cun directo apto para todos os públicos.

Unha proposta que entra polas orellas e polos ollos. O ouvinte/espectador é testigo en cada concerto da construcción de cada unha das pezas musicais a través das sinais do director. Os músicos moi atentos, entregados á improvisación e completamente volcados á música. Unha coreografía que xurde entre eles e que fai de fío conductor do espectáculo.

Galego

Cherry Sweet

Voltan os anos 50 con Cherry Sweet!!

As harmonías vocais destas tres grandes cantantes fannos viaxar  a outro tempo cheo de glamour e swing.

As tres voces galegas acompañadas do trío instrumental formado por contrabaixo, guitarra e batería repasan grandes cancións de todos os tempos impregnándolles o seu característico son e elegancia. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz