Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Steve Turre Quintet

Innovador sobranceiro do jazz, o trombonista e trompeta de caracol Steve Turre, gañou sistematicamente as enquisas de lectores e críticos de JazzTimes, Downbeat e Jazziz ó mellor trombón e ó mellor instrumentista diverso (cunchas mariñas). Turre naceu de pais mexicoamericanos e creceu na zona da baía de San Francisco, onde absorbeu doses diarias de mariachi, blues e jazz. Mentres asistía á Universidade Estatal de Sacramento, uniuse á banda de salsa Hermanos Escovedo, o que deu inicio á súa carreira nese xénero.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Baptiste Bailly Trío

Baptiste Bailly naceu no 1992 en Montbrison (Francia). Comezou a estudar piano ós dezaseis anos, como autodidacta ó principio e máis adiante en distintos conservatorios (Saint-Étienne, Dijon, ESMUC de Barcelona entre 2010 e 2016). Aprendeu con Albert Bover, Eric Moulin, Remi Ploton e tamén de Aaron Parks e Yonathan Avishai que lle deron una visión libre e aberta da música. A partir do 2016 intégrase na escena española e en varias formacións; toca, canta, arranxa e compón.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Carlos Sarduy Trio

Carlos Sarduy é, sen dúbida, un dos músicos máis activos e poliédricos da escena actual; un espectacular pianista, trompeta, percusionista e compositor. Coñecido e admirado, requírese a súa presenza non só no panorama jazz, tamén no flamenco, a música popular cubana e a música moderna. Gabado por calidade de son, excelso entendemento da melodía e incrible versatilidade, colaborou con grandes artistas como Chucho Valdés, Bebo Valdés, Richard Bona, Steve Coleman, David Murray, Esperanza Spalding, Buika, Ainhoa Arteta, Mariza e Ojos de Brujo entre moitos outros.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Immanuel Wilkins Quartet

O saxofonista e compositor Immanuel Wilkins, de apenas vinte e catro anos, converteuse nunha das estrelas máis mediáticas de Blue Note. Autor do «mellor álbum de jazz» do 2020, Omega, segundo The New York Times, a súa música está chea de empatía e convicción, enlazando melodía e lamento con aderezados momentos de amplitude e respiración. O debut de Wilkins supuxo adicionalmente mostrar ó público o excepcional cuarteto con Micah Thomas ó piano, Daryl Johns ó baixo e Kweku Sumbry na batería.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: 25 anos sen Tete Montoliu

Sheila Jordan —18 de novembro do 1928, Detroit— é un mito do jazz en activo. A principios dos anos cincuenta instálase en Nova York e coñece a Charles Mingus e a Max Roach. Mingus presentoulle o pianista Lennie Tristano, co que estudou durante tres anos que lle axudaron a mellora-lo seu fraseo escoitando a Lester Young e Parker. O loft de Sheila na rúa 26 de Manhattan revélase lugar perfecto para jam sessions nocturnas frecuentadas polo último.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Mark Turner Quartet

Nacido no 1965 en Fairborn, Ohio, o saxofonista tenor Mark Turner medrou baixo a influencia de Dexter Gordon, Sonny Rollins e John Coltrane. Estudou en Berklee, a prestixiosa fábrica de músicos de jazz, onde entrou en contacto con algúns dos artistas emerxentes da súa xeración: os saxofonistas Myron Walden e Chris Cheek, o trombón Steve Davis, o pianista Johnny King, os baterías Jeff Ballard e Leon Parker, o baixista Ben Street e o guitarrista Kurt Rosenwinkel. Despois mudouse para Nova York; alí traballou con James Moody, Joshua Redman e Jimmy Smith entre outros.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Kurt Elling

Famoso pola súa singular combinación de swing robusto e perspicacia poética, o dúas veces gañador de premios Grammy Kurt Elling asegurou un lugar para si entre os vocalistas de jazz máis importantes do mundo. A súa voz é recoñecible ó instante, aperta os oíntes cun cálido e rico barítono e percorre toda a súa gama, catro oitavas, de improvisador virtuoso e narrador convincente. Ó longo de vinte e cinco anos de xiras e gravacións, Elling mereceu tres Prix du Jazz Vocal (Francia), dous premios Echo alemáns e dous premios Edison holandeses, ademais, foi nomeado para os Grammy quince veces.

Galego

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Luke Winslow & Band Feat. Roberto Luti

A música do guitarrista, produtor e compositor Luke Winslow-King é unha mestura ecléctica que combina blues, música folk americana, jazz tradicional, rock de raíces e algo de sofisticado pop en cancións que xuntan estilos tradicionais para producir un resultado á vez clásico e actual, elegante, completamente propio. Cun elenco estelar de músicos que inclúe o seu habitual compañeiro, fenómeno do slide, Dominic John Davis e o reverendo Charles Hodges (organista de Al Green nos setenta e lenda do Hammond B3), vén presentárno-lo seu sétimo álbum, If These Walls Could Talk

Galego

Paco Dicenta Trío

Paco Dicenta trío dará un concerto para facer un repaso polos seus temas orixinais e algunhas versións de clásicos do estilo.
O trío do músico Paco Dicenta, que se fai acompañar de dous reputados instrumentistas do jazz galego, Manuel Cebrián á guitarra e Max Gómez á batería.

Paco Dicenta é un reputado baixista con máis de 26 anos de traxectoria, presente en varias formacións de diversos xéneros musicais (Jazz, Soul, Funk, Folk, Rock, etc).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz