Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

DayDream Sessions

Daydream Sessions é un proxecto artístico colaborativo, ideado por Guzmán (Sergio Abuín) Bluz (Adrián Arias) e Decsus (Jose Ángel Sánchez), cuxo obxectivo é crear unha comunidade artística a través de Jam Sessions. Tras o seu primeiro ano a comunidade alcanza os 130 colaboradores e fixo 22 sesións distintas por toda Galicia. 
É un proxecto aberto a distintos estilos, como poden ser o Neosoul, Hip Hop, Música Latina, Rock Alternativo... feito desde a ilusión de coñecer a artistas con inclinacións similares e á vez distintas. 

Galego

Drumless Trio

A nova formación do guitarrista e compositor Marcos Pin experimenta novas formas de expresión musical sen batería. Inspirado en anellos e fantásticos tríos jazzísticos como o foron —en calquera das súas versións— o histórico ensemble de Jimmy Giuffre, por poñer un exemplo, a formación de Pin aposta por profundar neste tan interesante terreo musical de carácter, se se me permiten os adxectivos (en certo xeito), máis acústico e orgánico.

Galego

Dúo Notas

O domingo 3 de setembro, ás 14:30 h. Os guitarristas Fredi García e Miguel Santalices amenizarán a Festa dos Callos do Barrio das Flores cun repertorio composto por clásicos dos diferentes estilos e épocas do jazz, adaptados para dúo de guitarras.

Galego

Antonio Agra Quintet: Samhain

Antonio estuda vibráfono de jazz e improvisación en Nova York con Mike Manieri e Mark Sherman; tamén participa en seminarios con Ed Saindon e Tony Miceli (USA) , Frits Landesbergen e Anthony Keer. 

Realiza o master en interpretación e composición de jazz na Universidade Internacional de La Rioja e obtén o "Jazz Composition and Arranging Profesional Certificate" na Berklee School of Music. Na actualidade amplíoa coñecementos de composición de jazz con Bob Pilkington. 

Galego

MásQjazzCoruña: Yellowjackets

YellowJackets, lendaria formación estadounidense liderada por Russel Ferrante, membro orixinal daquela primeira formación de finais dos anos setenta chamada The Robben Ford Group capitaneada polo guitarrista Robben Ford xunto a Jimmy Haslip e Ricky Lawson. A súa primeira gravación viu a luz en 1981, «Inside Narrativa» é a mostra de por onde irían os tiros desta banda co punto de mira posto no jazz fusión. Tras a gravación do seu primeiro disco, Robben Ford abandona a banda orientando a súa carreira cara ao rhythm and blues sendo substituído en 1986 polo saxofonista Marc Russo.

Galego

Yelowjackets

YelowJackets, lendaria formación estadounidense liderada por Russel Ferrante, membro orixinal daquela primeira formación de finais dos anos setenta chamada The Robben Ford Group capitaneada polo guitarrista Robben Ford xunto a Jimmy Haslip e Ricky Lawson. A súa primeira gravación viu a luz en 1981, «Inside Narrativa» é a mostra de por onde irían os tiros desta banda co punto de mira posto no jazz fusión. Tras a gravación do seu primeiro disco, Robben Ford abandona a banda orientando a súa carreira cara ao rhythm and blues sendo substituído en 1986 polo saxofonista Marc Russo.

Galego

Gonzalo del Val Trío

No último tramo do 2020 o compositor e batería Gonzalo do Val  lanzou Cancioneiro (Fresh Sound New Talent, 2020), o seu terceiro traballo como líder do trío que encabeza xunto ao pianista Marco Mezquida e o contrabajista David Mengual. Ao trío basee incorpóraselle o trompetista Benet Palet e, como colofón, colabora o cantautor Albert Pla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz