Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Pablo Seoane Trío

A principios da década pasada, o ferrolán Pablo Seoane irrompía na escena jazzística galega sorprendendo a propios e estraños. En pouco tempo era dono dunha abafadora e sólida lectura do piano clásico de jazz, cunha gran habilidade para o blues e unha capacidade insólita para bopear.
A súa única formación jazzística naquel momento consistía no seu paso polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. A medida que a década alcanza o seu ecuador, a musicalidade de Seoane comeza a inclinarse poderosamente cara a formas máis libres.

Galego

Concerto de Antonio Lizana Group

Orixinariamente era un cuarteto onde se interpretaban composicións flamencas nun grupo de Jazz. Antes de mergullarse na gravación do seu primeiro disco "De Viento", Antonio decide introducir novas cores propias da súa terra, como a guitarra, percusión e coros, que se fusionan coa batería, baixo, saxo e piano, conseguíndose así a sonoridade actual.

Galego

Concerto de Christian McBride Trío

Christian McBride está chamado a ser o sucesor de Ron Carter no don da omnipresencia. Xa pasou de longo o número de 300 colaboracións como sidemen nunha discografía que inclúe ao mellor do mellor do jazz de todos os tempos.
Os seus cotizados servizos non se limitan, non obstante, á órbita do jazz. Poucos músicos poden presumir de ter traballado como adaptador ou baixista para Isaac Hayes, James Brown, Natalie Cole, Sting, Paul McCartney, Carly Simon, etc.

Galego

Ton Risco Trío

Ton Risco: vibráfono
Alex Salgueiro: órgano Hammond
Naíma Acuña: batería

Aínda que estés tres músicos son vellos coñecidos de outras formacións (Marcos Pin Factor E-Reset, Narci Rodríguez Cuarteto), non foi ata finais de 2013 cando naceu este trío.

E ten a súa razón de ser na intención de xuntar dous timbres singulares coma son o do vibráfono e o órgano nunha formación pequena e autónoma, emulando o tándem Joey DeFrancesco & Bobby Hutcherson.

Galego

Concerto de Pablo Vidal Trío

Pablo Vidal: contrabaixo
Noli Torres: batería
Gabriel Peso: piano

Pablo Vidal Trío presentando o seu novo disco: "Jazz pagano" (Aldeaglobal sons). Jazz contemporáneo con raíces ibéricas. Na liña do jazz internacional máis actual, o jazz pagano conduce ao trío en ocasións pola tradición galega.

Galego

The Geordie Approach

The Geordie Approach é un trío formado polos noruegueses Petter Frost Fadnes (saxo) e Stålle Birkeland (batería) xunto ao guitarrista do nordés inglés (popularmente,un geordie) Chris Sharkey que se achega á fronteira experimental entre jazz, rock e ruído. Un trío que se move entre estruturas de improvisación soltas e abstractas, nun amplo espazo musical que recolle un gran número de sabores sonoros, ás veces contraditorios. de feito, coleccionan zumentas definicións do seu suposto estilo: noise-funk ou bucles de ambient ruidista.

Galego

Jim Black New Quartet

Jim Black ten a mirada dun neno a piques de cometer unha travesura. Sobre o escenario ese potencial canalízase nunha explosión enerxética impresionante. A súa fluidez e liberdade para entrar e saír do ritmo, para multiplicalo ou descompoñelo, son dignas de admiración.
A batería da vangarda jazzística ten no de Seattle a un gran valedor, pero a súa creatividade non acaba aí. Fai quince anos presentaba Alasnoaxis, unha coctelera moi particular na que mesturaba rock experimental, free jazz, noise, melodías, música ambiental...

Galego

Lucky Peterson Quinteto

Lucky Peterson é un dos músicos máis versátiles que ten o blues contemporáneo. Guitarrista, tecladista e cantante capaz de interpretar soul, blues, gospel e rock. I'm back again é a edición dun disco do seu concerto no The 55 Arts Club de Berlín en 2012, que o ano pasado foi presentado en DVD e CD dobres. Atopamos toda a calidade de Lucky como intérprete do Hammond B3, da guitarra, como cantante, facendo un poderoso conxunto coa súa dona Tamara Peterson, converténdose en certa maneira nos novos Ike e Tina Turner 

Galego

Eric Reed Trío

Eric Reed naceu en Filadelfia no 1970 e xa desde neno amosou interese polo piano.
Con só dezaoito anos realizou a súa primeira xira con Wynton Marsalis, e traballou esporadicamente con Freddie Hubbard e Joe Henderson.
Eric Reed formou o seu estilo pianístico influenciado por Ahmad Jamal e a música gospel. As súas interpretacións posúen unha moi forte carga rítmica e o seu concepto orquestral do piano permítelle soar como unha Big Band.

O trío complétano Vince Florino co contrabaixo e Adam Pache á batería.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz