Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ángeles Dorrio Quartet

Á fronte, unha vocalista flexible, tal e como ten amosado  nas súas colaboracións con Luar na Lubre, ao igual que de vocalista feminina en Venue connection. Debutou como solista (cantando e compoñendo) co disco Ten Soul: jazz, pero tamén soul, R&B, pop e folk. E co pianista cubano Sergio Delgado como arreglista e director musical.

O cuarteto son:

Anxos Dorrio: voz

Sergio Delgado: piano

Fernando Fraga: baixo

Christian Delgado: batería

Galego

Thanos Athanasopoulos

Thanos Athanasopoulos naceu en Tesalónica en 1975. Comezou os seus estudos musicais (clarinete e saxofón) en 1990. En 2002 trasladouse a Holanda, onde estudou na Real Academia da Haque, graduándose en 2008 cunha licenciatura e un diploma de mestría en Jazz Performance. Desde 1995 é un músico que traballa en Grecia, Holanda e España e traballou con numerosos músicos e bandas como: XaXakes, Lovelab, Makis Stefanidis, Lakis Tzimkas, John Ruocco, Kc big Band, Frank Tiberi, Marsallis Brandford, Pin Marcos, Paco Charlín, e moitos máis. 

Galego

Concerto de Ángel Ferreira Quartet

Ángel Ferreira Quartet é a formación liderada polo guitarrista e compositor nado en Narón (A Coruña). Anxo Ferreira é Mestre na Especialidade de Educación Musical, Licenciado en Ciencias e Historia da Música e Máster en Música Contemporánea. Formouse tamén no Conservatorio de Santiago de Compostela, a Escola de Música Drops e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. 

A banda fórmana:

Galego

José Nine Cuarteto

Agrupación formada por José Nine, Marcos Pin, Juan V. Cañada e Javi Barral.

No concerto contan con Thanos Athanasopoulos, Manuel Gutiérrez e Manuel Payno como artistas convidados.

As entradas son de balde ata completar aforo. Poderán retirarse unha hora antes do concerto, ás 18.30 h, e un máximo de 2 por persoa.

Galego

Concerto en Familia

A Banda Municipal de Música da Coruña presenta un programa dedicado á música de jazz. Esta actuación forma parte da oferta que o programa didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece este ano nos seus Concertos en Familia.

 

Galego

Jazzatlántica 2014-2015

Os grandes do jazz chegan á Coruña, cunha serie de concertos no Ágora e o Teatro Rosalia Castro.
A terceira edición de Jazzatlántica --o ciclo de jazz promovido polo Consorcio para a Promoción da Música da Coruña-- presenta as grandes voces do jazz e o soul, voces que encabezan un cartel que conta, nesta ocasión, cun dos mellores pianistas do mundo, Brad Mehldau.

Máis información

Galego

Jazzatlántica 2014-2015

Os grandes do jazz chegan á Coruña, cunha serie de concertos no Ágora e o teatro Rosalia de Castro.
A terceira edición de Jazzatlántica, o ciclo de jazz promovido polo Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, caracterizarase pola presenza de varias das voces femininas máis apreciadas do panorama jazzístico internacional, como son as de China Mose, Dee Dee Bridgewater, a veterana Bettye Lavette e, por suposto, Lizz Wright.

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz