Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Alejandro Vargas Trío

Alejandro Vargas é un pianista e compositor graduado pola Universidade de las Artes de Cuba, desde moi cativo iniciouse no mundo da música. Desde os 20 anos anda polo mundo colaborando e creando grabacións como pianista e arreglista. 

Desenvolve traballos sobre improvisación libre e freejazz realizando un amplo recorrido desde o abstracto ata o máis tradicional onde os estándares do jazz e a música de raíz cubana son transportados ata o nivel de improvisación e incorporando novas sonoridades de obxectos sonoros que enriquecen a súa mensaxe musical.

Galego

Concerto de Machado Jazz

MACHADO e o seu traballo discográfico propio VIVENCIAS, cubanidade refrescante, con rítmica cubana de tódolos tempos, pero que se enmarcaría no smooth jazz. Unha obra musical na que están presentes latin jazz, aires flamencos, sons árabes... Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar unha banda con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional impecable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas permítelle incorporar diferentes culturas.

Galego

Concerto de Virxilio da Silva

O guitarrista de jazz de Portonovo presenta os seus últimos traballos, froito destes dous últimos anos de procura e experimentación, unha música cuxas influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stonerrock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado.

Galego

A Spiritual Tribute to BB King

Esta agrupación foi fundada en 1988 por James C. Chambers na cidade de Chicago, centro neurálxico do blues, o jazz, o soul ou o gospel, así que non é de estrañar que The Chicago Mass Choir sexa unha das formacións máis relevantes do mundo no seu xénero.

Dende o seu inicios colaboraron, entre outros, con Bob Dylan ou a banda grega Onirama, así como no musical El color púrpura. As súas xiras europeas leváronos a países como Suíza, Croacia, Italia ou Alemaña.

No seu tour de 2015, os dezaoito compoñentes do grupo renden tributo a unha das estrelas do blues, B.B. King.

Galego

Daniel Díaz Trío

Tras formarse individualmente en distintas escolas superiores de jazz por toda Europa, estes tres músicos pontevedreses, Daniel Díaz á batería, Xan Campos ao piano e Xavier 'GDJazz' Pereiro á trompeta, reúnense baixo a dirección do primeiro para afrontar unha visión que escape das formas habituais que esta música tiña no século pasado.

Jazz arriscado e innovador xuntando tendencias que no mundo musical actual se están a presentar, en composicions propias e revisando pezas do repertorio jazz histórico.

Galego

Concerto de Chus Pazos Fantastic Trío

Chus Pazos Fantastic Trío, é o novo proxecto do baterista marinense xurdido grazas ao impulso de procura incesante de novas fronteiras estilísticas.
Preséntase en persoa con acompañantes de luxo Toño Otero no saxo e na voz e Alex Salgueiro no órgano hammond, para despregar un jazz de pulso quente e fiel.
Na súa posta en escena gozarás dun jazz vanguardista, elegante, enmarcado na tradición e provisto da mellor arquitectura de grupo que pode atoparse hoxe en día. Sobre o escenario ese potencial canaliza nunha explosión energética impresionante.
 

Galego

Concerto de Carmen Souza

Carmen Souza (Lisboa, 1981) é o nome da cantante que sacudiu a escena musical lusa cando a principios do novo milenio empezou a arrimar a súa voz aos micrófonos dos clubs de jazz da capital portuguesa.
Con catro discos no mercado, Carmen Souza leva 12 anos mostrando por todo o mundo a súa particular mestura de ritmos criollos de Cabo Verde co jazz norteamericano.

Galego

Concerto de Valentín Caamaño Trio

Presentando o seu traballo The Joy (Outubro 2014, FreeCode Jazz Records).
Co proxecto de Valentín Caamaño Trio preséntase unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación co devandito estilo e co seu instrumento. Esta proposta acaba de ser plasmada nunha recente gravación que sairá á luz en formato CD.
Neste proxecto de trío de jazz, Valentín Caamaño, conta coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

Galego

Concerto de Cedric Burnside

O gañador en 4 ocasións do galardón a mellor batería do mundo no Blues Music Awards, Cedric Burnside chega a España presentando o seu incrible disco: Descendentes of Hill Country e demostrando por que bandas con John Spencer Blues Explosión, Bobby Rus, North Mississippi All Stars... gravaron e xiraron con el e din que ten o verdadeiro ritmo de Mississippi, como o tiña o seu avó R.L. Burnside.

Galego

Marcos Pin: Triangle&Square

Presentación do proxecto liderado polo guitarrista Marcos Pin. Triangle&Square preséntase na xira 4 on Six, este traballo conta coa colaboración dos guitarristas Jens Larsen, Alfonso Pais, Virxilio da Silva e Marcos Pin.

Triangle&Square é unha obra creada por Marcos Pin inspirada na cidade de Lugo, así, a primeira parte, Triangle, é unha suite de tres movementos con temática común na que explora tres emocións da súa mocidade.
A segunda parte, Square é un conxunto de catro movementos, cada un inspirado nunha das principais prazas da cidade. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz