Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Proxecto Duology

Presentando o segundo dunha serie de álbums dedicados a dúos de jazz. Onde Marcos Pin toca con diferentes instrumentistas e artistas que respecta e admira profundamente.
Take a Second é o segundo álbum da serie. Tocan todos os estándares xunto a un amigo de moito tempo, Telmo Fernández, un incrible guitarrista de jazz cun dos máis belos sons de guitarra, cheos de ton e expresión. Telmo coñece a tradición e pódese apreciar desde a primeira nota que toca.

Galego

Concerto de Gabriel Peso Trío

Gabriel Peso é un excelente pianista de jazz, e tamén un codiciado músico todoterreo (televisión, teatro, rock, pop,...).
Acada o premio á excelencia musical Mans Futuro 2012 e un ano despois rexistra a súa primeira gravación como líder, Sinápsis (2013).
Nese traballo apreciase o seu eclecticismo, composicións cun recendo a standars, blues, ritmos complexos e próximos ao rock, muiñeiras, etc.

O Trío péchano Kin García co contrabaixo e Noli Torres coa batería.

Galego

Concerto de Alejandro Vargas e LAR Legido

Alejandro Vargas (pianista cubano) e L.A.R. Legido (baterista valisoletano) presentan a súa linguaxe musical, nela mesturanse o free jazz, a música clásica, o folclore cubano, a música contemporánea e a performance.
O seu primeiro traballo xuntos un CD-DVD titulado Opersuite.

Xuntos participan en festivais como o Jazz Recife (Brasil) e reciben premios como o Premio Especial Cubadisco 2013 por Miniaturas de Eugenio Granell, Músicas Reveladas.

Galego

Concerto de Marcos Pin Trío

Marcos Pin nace en Lugo no 1974 e con 8 anos xa comeza a tocar a guitarra. Logo de pasar pola escola lucense Aulos pasa a ser alunno de Alberto Penoucos e a estudar en Estudio Escola de Música en Compostela, onde recibe aulas de Abe Rábade. Posteriormente cunha bolsa da Fundación Autor perfeccionará os seus estudos en Amsterdam. Posteriormente, no 2006 licenciase en guitarra de jazz no Royal Conservatorium de La Haya.

Galego

New Orleans Swamp Donkeys Traditional Jazz Band

The New Orleans Swamp Donkeys son un grupo tremendamente versátil de novos músicos que tocan jazz tradicional, blues, vodevil, música orixinal, adaptacións modernas do jazz e moitos outros estilos derivados do jazz de Nova Orleans.
Parten de que posúen os principios e ensinanzas do auténtico son de Nova Orleáns e así o evocan nos seus concertos por todo o mundo.

Galego

Concerto de Sumrrá

Sumrrá son Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo e LAR Legido á batería. É a formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivais de Bolivia, Bulgaria ou Sudáfrica.
Sumrrá formouse no ano 2000 e ata hoxe deixaron atrás centos de concertos e catro discos, dous deles en directo. 

Galego

Concerto de Diana Tarín Band

Diana Tarín Sánchez, afrocubana, cantante e pianista. Filla e neta de músicos de renome na súa illa, con tan só 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femininas que viaxaron a diferentes países, principalmente en Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.

Chegada a España como membro dun grupo de música tradicional, quedouse entre nós, graduouse como pianista en Vigo, á vez que colaborou en diferentes gravacións musicais, varias delas de ámbito internacional, actualmente é profesora de música na escola Rock School Music CDM de Ponteareas.

Galego

Concerto de Melody Gardot

Dotada cunha incrible voz e un estilo que combina jazz, swing, blues, bossa nova,... Melody Gardot irrompeu na música contemporánea como unha das grandes cantantes do século XXI. Proba diso é que con tan só 30 anos é comparada pola crítica especializada con artistas lendarias como Billie Holiday ou Nina Simone.

Galego

Concerto de Deep Mind 4tet

Grupo adicado ás improvisacións. Correndo ese risco, afastándose do pequeno círculo de seguridade, elevándose e saltando ao vacío, ás veces mesmo sen paracaídas. Este novo proxecto é un cuarteto do mellor do jazz groovy e eléctrico. Executan temas de Herbie Hancock, John Scofield, Kenny Garrett, e de moita máis xente en xeral.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz