Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mondoñedo é Poesía

Mondoñedo é poesía celebra a súa quinta edición. As actividades incluirán recitais na rúa e no Auditorio Pascual Veiga, pero tamén unha homenaxe aos 200 anos da chamada Escola Poética do Seminario e a presentación da edición do libro Mondoñedo é poesía 2014-2018.

 

Programa

Recitais na rúa

17:00h.-Praza do Seminario

Homenaxe á Escola Poética do Seminario

Breve acto de homenaxe aos 200 anos da Escola Poética do Seminario (EPS). 

Galego

Gran xogo das Letras Galegas

A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano.

 

Destinado ao alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.

Galego

IX Certame de banda deseñada B. D. de Vigo

A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel convoca por noveno ano consecutivo o IX Certame de banda deseñada “B. D. de Vigo”. Como cada ano agradecemos a enorme participación anterior. Facendo eco do interese demostrado, este ano voltamos de novo con novidades. Por primeira vez a entrega dos traballos tamén se fará por vía electrónica.

Estas son as bases:

1. Poderán concurrir a este concurso todos os interesados/as nas seguintes categorías:

*Infantil: Menores de 11 anos.

*Júnior: Menores entre 12 e 17 anos.

Galego

XI Semana do libro e a lectura

Entre o 21 e o 28 de abril desenvólvese a XI Semana do libro e a lectura, organizada por Espazo Lectura con Gondomar como principal escenario. 

 

Programa

Sábado 21 de abril: 

12 horas, auditorio de Nigrán: clube de lectura compartida Lendo contigo, sobre o libro O valo. Estará presente o autor, Carlos Labraña.

19 horas, auditorio de Nigrán: representación da obra O valo.

Galego

Homenaxe a Antonio Fraguas

O concello de Cerdedo-Cotobade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Antonio Fraguas, convida a toda a cidadanía a participar nesta homenaxe ao seu fillo distinguido. Nel intervirán Jorge Cubela, presidente municipal de Cerdedo-Cotobade; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xusto Beramendi, presidente da Fundación Antonio Fraguas, e Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

Galego

Autobom 2018

O Autobom é un mercadillo de autoedición onde poderás aprender moito sobre a banda deseñada de autor. O programa é o seguinte:

De 17:30 a 23:00

Mercado

Fanzines e producto autoeditado

17:30

AutoLab

Laboratorio de BD Experimental

19:00

Charlas

Minicoloquios Creativos

19:00

Pilulas

Consellos en vídeo

21:30

Concerto

Música con debuxo en vivo

 

 

 

Galego

Bookcrossing nos museos

Por  décimo ano consecutivo un total de 57 museos e centros de arte compartirán o próximo 20 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, e coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades