Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Bazares nos Bares

Churruca, unha das zonas máis activas na vida nocturna viguesa, é o epicentro de Bazares nos Bares, unha actividade para levar aos cidadáns á zona tamén durante o día e no que once locais  se converterán en bazares por un día dando a coñecer o traballo dos artistas locais. Ilustradores, escultores, pintores ou decoradores serán algúns dos protagonistas, aínda que tamén se poderá descubrir moda, produtos ecolóxicos ou traballos en madeira. 

O programa contará tamén con obradoiros e actividades para nenos e adultos. 

Galego

Sorteo dun abono para o festival Portamérica

Sorteamos un abono de 3 días para o festival Portamérica (Caldas de Reis, do 5 ao 7 de xullo) entre as persoas de 18 anos ou máis que leven en préstamo cd de música entre os días 1 e 20 de xuño.

Por cada préstamo hai dereito a unha participación e cantas máis participacións, máis probabilidades de gañar. O sorteo realízase cun programa que selecciona a persoa gañadora de xeito aleatorio, faise o día 21 coincidindo coa Festa da Música.

Galego

Espacio Mahou

Tras a exitosa experiencia de 2017, Mahou volve apostar pola Coruña coa segunda edición de Espacio Mahou. O histórico Edificio Labase volverá abrir as súas portas para converterse de novo, e durante os próximos dous meses, nunha referencia para o lecer innovador en Galicia.

A arte, a moda e o lecer urbano daranse cita de novo no espazo a través da colaboración con creadores e artistas da cidade.

Galego

Vicvs: un lugar do común

O xoves 31 de maio ás 19:00 h. o público terá a oportunidade de falar co escritor Beto Luaces sobre a súa novela Vicvs: un lugar do común. A trama desta novela de intriga e misterio desenvólvese entre Vigo, a serra do Suído e Venezuela. Comentarase co autor, entre outros moitos temas, a importancia dos espazos (urbanos, naturais, arquitectónicos) coma se de personaxes da novela se tratase.

Galego

A noite dos museos

O museo abrirá este venres as portas ata a medianoite co gallo do Día Internacional dos Museos. O público poderá participar nunha serie de actividades especiais, das 18 ás 24 horas, que abranguen diferentes artes e mergullarse na atmosfera do fogar da escritora na Coruña de finais do século XIX, que permanecerá na penumbra para ofrecer unha nova maneira de se achegar a un espazo museístico. A entrada é libre ata completar capacidade.

Galego

#CreaVigo

Proxecto de creación artística en directo que mestura manifestacións de artes plásticas, ilustración, música e danza, co obxectivo de achegar a arte contemporánea aos cidadáns. Percusión, danza-circo, ilustración ou escultura son algunhas das disciplinas que se poderán gozar do 24 ao 26 de maio en diversos espazos ao aire libre da cidade.

Galego

Semana dos Museos no Museo Pazo de Tor

Os museos da Deputación de Lugo celebran na Semana dos Museos o Día das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos. 

Nesta ocasión, o lema escollido para o Día Internacional dos Museos é Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos, o que nos convida a reflexionar sobre un futuro hiperconectado entre os museos e os seus visitantes. 

O plan desta semana é o seguinte:

Galego

Semana dos Museos 2018: Museo Provincial do Mar

Os museos da Deputación de Lugo celebran na Semana dos Museos o Día das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos. 

Nesta ocasión, o lema escollido para o Día Internacional dos Museos é ''Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos'', o que convídanos a reflexionar sobre un futuro hiperconectado entre os museos e os seus visitantes. 

O plan desta semana é o seguinte:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades