Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Retos lectores verán 2018

O verán é un tempo estupendo para as lecturas: na praia, á sombra dunha árbore, nunha terraza, durante as viaxes...
Entre xullo e agosto hai case 9 semanas, imos propoñervos un reto lector cada tres semanas. Ao final dos dous meses teremos lidos tres libros ben diferentes dos que lemos habitualmente.
Animádesvos a participar?

1. Ler un libro de non ficción

Galego

Romaría dos libros

A Praza de Mazarelos acolle unha nova edición da Romaría dos Libros. Será entre as 12 da mañá e as 21 horas e contará non só con venta de libros senón tamén cun programa de actividades literarias. Haberá música, presentación de libros, xogos, actividades para cativos e ata un combate de debuxantes. 

Galego

A incrible historia da maxia

Esta charla pretende espertar o interese pola arte da maxia nos asistentes. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia irán acompañadas, ás veces, coa realización de xogos de maxia, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo, xogos baseados en segredos físicos e matemáticos, pois ao fin e ao cabo, a maxia sempre foi da man do coñecemento.

O espectáculo ten unha duración de 90 minutos. Para todos os públicos, a partires de 7 anos.

Galego

Expiration movement

No marco do taller Facer dúas veces, do CGAC, o 18 de xullo desenvolverase unha recreación da performance Expiration movement, orixinalmente do artista Daniel Knorr e recreada aquí por Fermín Jiménez Landa. Terá lugar no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela o día 18 ás 12:00 h, e inclúese no programa de celebración das festas do Apóstolo. Desde unha fiestra deste edificio poñerase en funcionamento unha máquina de fume co fin de recrear que o edificio está ardendo.

Galego

O galego crea ambiente

A campaña O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Galego

Cea medieval

Co gallo dunha nova edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo o venres anterior celébrase unha cea medieval no foso do castelo.

Os asistentes poderán degustar un menú propio da época que estará acompañado por diferentes actuacións teatrais e musicais.

Galego

San Xoan Mutante

Outro ano máis, o Liceo Mutante acollerá a festa de San Xoán. Pola tarde se recollerán as herbas para lavar a cara ao día seguinte: fiúncho, abeloura, malva, romeu e estraloques. As portas do Liceo abriranse ás 9 da noite. Para entreter o akelarre mutante sete das mellores pinchas han seleccionar temas musicais cos que menear o bullarengue. 

Galego

SELIC 2018

A Semana do Libro de Compostela celebra este ano a súa segunda edición. Nace en 2017 como resultado do traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela, co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega, e co reto de ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais.

A intención é que sexa unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades